Comentario
Galicia queda progresivamente baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais que darán paso a ceos con alternancia de nubes e claros no terzo norte e pouco nubrados no resto, con nubes altas que non impedirán o paso do sol. As temperaturas mínimas quedaron sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos sopran de compoñente norte, frouxos en xeral, moderados no litoral atlántico, con intervalos fortes pola tarde.