Comentario
Durante as primeiras horas do luns unha fronte pouco activa afectará á nosa Comunidade. Deste xeito, agárdanse ceos con intervalos nubrados, con algunha precipitación de carácter feble e ocasional, máis probable pola mañá na metade oeste de Galicia. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, con predominio da compoñente oeste.