Hoxe Galicia continuará dentro da influencia das baixas presións situadas ao noroeste do territorio. Deste xeito, o ceo estará parcialmente nubrado, con chuvascos, menos frecuentes cara á noite. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados en xeral.