Avisos e actualizacións nos RSS, GeoRSS, XML e Podcast
  • 12/01/2022: Cambios importantes nos servizos RSS e JSON
    Cambios esenciais nas ligazóns e eliminación de servizos obsoletos.
    Ver documento acrobat

  • 05/06/2020: Radiación Ultravioleta en JSON de concellos
    O servizo JSON coa predición a curto prazo de concellos inclúe agora un atributo un uvMax que representa o índice de radiación ultravioleta máximo diario.

  • 23/03/2020: Novos servizos JSON de predición
    Conteñen a nova predición a medio prazo, así como a predición da evolución horaria da temperatura, vento e estado do ceo.

  • 02/07/2019: Novos servizos JSON de predición
    Conteñen información da predición xeral, concellos, marítima e praias.
    Máis información

  • 22/05/2019: Actualización dos códigos de validación en océano-meteorolóxicas
    Nos vindeiros días aplicarase unha nova lenda de códigos de validación.
    Ver documento

  • 30/08/2018: Novo servizo JSON de datos mensuais de estacións
    Este servizo devolve a información do mes en curso en formato JSON para todas as estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia en funcionamento. Tamén permite obter a mesma información para unha única estación a través dun parámetro de consulta.
    Máis información

  • 11/09/2017: Novo servizo JSON de cámaras de MeteoGalicia
    Novo servizo que permitirá aos usuarios dispoñer das imaxes proporcionadas polas 19 cámaras que o servizo de observación e predición meteorolóxica da Xunta ten distribuídas pola xeografía galega.
    Máis información

  • 04/05/2017: Novo servizo JSON
    O novo servizo proporciona datos máximos de chuvia e refacho das estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia.
    Máis información

  • 28/12/2016: Novo servizo JSON con datos de aforos de ríos
    Inclúe os datos de nivel e caudal medios de auga de rede de aforos de ríos de Augas de Galicia
    Máis información

  • 30/09/2016: Novidades nos servizos XML e JSON
    Anuncio de eliminación dos antigos XML e creación de novos servizos en formato JSON
    Máis información acrobat

  • 03/02/2016: Novos servizos GeoRSS e JSON
    Son os seguintes: JSON coa rede de detección de raios, cos niveis horarios de calidade do aire, coa lista de estacións meteorolóxicas e océano-meteorolóxicas e GeoJSON co estado actual das meteorolóxicas.
    Máis información

  • 05/05/2014: Novos GeoRSS de calidade do aire
    Os novos GeoRSS dispoñibles son: o índice de calidade do aire actual e os datos a tempo real das estacións da rede de calidade do aire da Xunta de Galicia.
    Máis información

  • 18/02/2014: Cambio no GeoRSS de mareas
    O idPorto para o porto de Ferrol pasa a ser 16 en lugar de 5.
    Consultar o listado completo de idPorto acrobat

  • 29/10/2013: RSS de adversos
    A petición do departamento de Predición Operativa de MeteoGalicia, a vindeira semana vanse levar a cabo os seguintes cambios no apartado de adversos meteorolóxicos da nosa web.
    Máis información: acrobat

  • 14/10/2013: RSS de Predición marítima
    Desde hoxe está dispoñible o novo RSS de predición marítima: http://servizos.meteogalicia.es/rss/predicion/rssMar.action?idZona=-1&dia=-1
    Documentación do RSS acrobat

  • 03/10/2013: Modificacións para o RSS, GeoRSS e Podcast: cambio das URLs
    Debido a unha reestruturación nos servidores de MeteoGalicia, os servizos RSS, GeoRSS e Podcast sérvense desde unha nova URL. As actuais URLs de consulta deixarán de estar dispoñibles o 1 de Novembro.
    Máis información: acrobat

  • 13/09/2013: RSS de Predición marítima
    O próximo 14 de Outubro publícase un novo RSS de Predición marítima. O actual RSS estará dispoñible ata o 21 de Outubro.
    Máis información: acrobat

  • 08/08/2013: Cambio no RSS de praias
    Publícase un novo RSS para obter a nova predición de praias. O actual RSS estará dispoñible e operativo ata o 1 de novembro deste ano.

  • 17/01/2013: Data de publicación ca predición de concellos
    A publicación da nova web de predición de concellos e os seus servizos adiántase ao día de hoxe á tarde xa que a súa presentación oficial farase mañá pola mañá. Lembrámoslles que realicen canto antes as recomendacións para os servizos RSS. Se por algunha razón non puido realizar os cambios recomendados, manteremos até o luns, día 21, os servizos RSS actuais na URL: http://sor.meteogalicia.es/web/RSS/... Por exemplo, o RSS para a predición xeral de Galicia sería: http://sor.meteogalicia.es/web/RSS/rssCPrazo.action

  • 16/01/2013: Cambios no RSS de praias
    Desde hoxe o servizo RSS de praias no noso servidor de probas (http://sor.meteogalicia.es/webAlfa/RSS/rssPraias.action) dispón da información de predición real. A nosa recomendación é que modifique os seus servizos para que empecen a usar esta información e a partir do martes, día 22, cámbieo de novo pola URL definitiva (http://www.meteogalicia.es/web/RSS/rssPraias.action).
    Cambios no RSS de praias acrobat

  • 10/01/2013: Recomendacións para o uso dos novos RSS coa predición por concellos
    A publicación está prevista para a segunda quincena de xaneiro de 2013.
    Recomendacións acrobat

  • 18/10/2012: Cambios nas ligazóns externas aos nosos mapas de predición
    Contacte con nós se está incluindo os nosos mapas de predicións dende o seu portal/páxina web.
    Como acceder aos mapas de predición acrobat

  • 21/09/2012: Cambios no RSS para a predición xeral de Galicia e para a predición de localidades
    Nas próximas semanas os RSS de Predición xeral para Galicia e de localidades sufrirán modificacións para incluír unha reestruturación nos contidos da web de MeteoGalicia.
    Cambios máis importantes no RSS de Localidades acrobat
    Documentación do novo RSS de curto prazo para concellos acrobat
    Documentación do novo RSS de medio prazo para concellos acrobat
    Cambios máis importantes no RSS da predición xeral de Galicia acrobat
    Documentación do novo RSS de predición xeral de Galicia acrobat

  • 17/04/2012: Novo GeoRSS de orto e ocaso
    Permite consultar a predición de orto e ocaso en horario local para calquer punto indicando as súas coordeadas xeográficas e para calquer data

  • 17/04/2012: Cambios nos XML/RSS de mareas
    Substitúese os XML e RSS coa predición de mareas por un novo servizo en formato GeoRSS

  • 12/04/2012: Actualización do RSS de Praias
    Actualizáronse os identificadores numéricos das praias (idPraia). Consultar documentación en pdf.

  • 03/02/2012: Novo RSS con datos de raios
    Permite consultar o número, tipo e posición dos raios detectados nun intervalo de datas.

  • 01/06/2011: Cambios no XML/RSS de praias
    Substitúese o XML de praias por un RSS, ampliando o número de días de predición, pode consultar máis información no apartado de documentación nesta mesma páxina.

  • 10/05/2011: Subscrición lista de correo RSS
    Para manterse informado dos cambios que se produzan nos RSS pode subscribirse a esta lista.


Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12