Aviso legal

A información meteorolóxica elaborada a partir da actividade científica e técnica desenvolvida pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, MeteoGalicia, acorde co progreso científico e tecnolóxico, é obxecto de propiedade intelectual e goza da protección recoñecida polo Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1996 de 12 de abril.

Nos termos da citada Lei, corresponde á Xunta de Galicia a titularidade e o exercicio de todos os dereitos tanto morais como económicos que configuran o dereito exclusivo de explotación e divulgación da devandita información, en particular, a través de MeteoGalicia.

A obtención e elaboración da devandita información por parte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda lévanse a cabo coa maior fiabilidade que posibilita o nivel tecnolóxico actual, provendo devandito servizo segundo os medios dispoñibles en cada momento.

A información divulgada a través deste servidor ofrécese gratuitamente aos cidadáns para que poida ser utilizada libremente por eles, co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia e á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia como fonte da mesma cada vez que as utilice para os usos distintos do particular e privado.

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda declina toda responsabilidade sobre os danos e prexuízos que puidesen ser ocasionados pola interpretación e o uso da información posta a disposición dos cidadáns a través da páxina web de MeteoGalicia.

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda non garante a presentación da totalidade da información meteorolóxica de forma continua na web e resérvase o dereito a modificar, engadir ou eliminar a información contida nela.


Protección de datos

As persoas usuarias deste Portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo en que poden exercitar os dereitos, o contacto cos Delegados e Delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón:   Información sobre protección de datos persoais.


MeteoGalicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xunta de Galicia




Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12