O Índice Ultravioleta (UV) é un método para predeci-la intensidade coa que a radiación UV solar acada a superficie terrestre, orientándonos así sobre as precaucións que deberíamos tomar para evitar unha sobreexposición.
A pel do ser humano divídese en seis tipos segundo a intensidade da súa pigmentación (Táboa 1). Dependendo do valor do Índice UV e do noso tipo de pel, a luz solar tardará máis ou menos tempo en dana-la pel de forma aguda provocando o seu arrubiamento (queimadura). A táboa 2 mostra o tempo aproximado no que se queimaría a nosa pel sen aplicar fotoprotectores, o que dependerá do Índice UV existente e do tipo de pel. Tamén mostra o mínimo Factor de Protección Solar (FPS, mide a protección contra a UV B, principal causa das queimaduras) que deberían tene-los productos aplicados para evitar que nos queimemos.
Os datos expostos indican como bloquea-la suficiente cantidade de radiación UV B para non queimarse. Sen embargo, é IMPORTANTE coñecer e recorda-lo seguinte:
- A queimadura é un dano agudo provocado pola radiación UV, pero evitar queimarse non significa evitar tódolos efectos perxudiciais que pode causar esta radiación. Un fotoprotector cun FPS inferior a 15 pode chegar a bloquea-la suficiente luz UV B como para evita-lo arrubiamento da pel pero aínda así non impide cunha excesiva cantidade desta radiación siga alcadando e danando a pel, aínda sen causar queimadura visible.
- Aínda que a queimadura se debe principalmente ós raios UV B, os raios UV A tamén poden causar un dano cutáneo importante e acumulativo sendo así insuficiente a protección só contra a UVB.
- É recomendable, por tanto, que tódalas persoas, independentemente da súa raza e tipo de pel, empreguen un producto fotoprotector cun FPS de como mínimo 15 (bloquea o 93% da radiación UV B) e que ademáis sexa de amplo espectro (que bloquee ademáis a radiación UV A).
Tipos de pel | Tipos de pel | Tipos de pel |
I | Pel branca alabastro con moitas pecas, rubios | Sempre se queima fácilmente, a queimadura pode ser intensa. Nunca se broncea |
II | Pel branca, ollos azuis | Sempre se queima fácilmente, a quemadura pode ser intensa. Pode chegar a broncearse pero mínimamente |
III | Pel branca con mínima tonalidade marrón. Caucasianos | Pode queimarse, a queimadura será moderada. Pode chegar a broncearse gradualmente |
IV | Pel de ton marrón máis ou menos intenso. Mediterráneos. | Pode queimarse pero a quemadura será mínima. Sempre se broncea |
V | Pel de ton marrón intenso. Asiáticos, Negros de tonalidade pouco intensa, Oriente Medio, Sudamérica | Raramente se queima. Broncéase con intensidade |
VI | Negros de tonalidade intensa | Nunca se queima. Broncéase profundamente |
Táboa 1. - Tipos de pel.
Índice UV | Pel I | Pel II | Pel III | Pel IV | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Baixo |
DEM: 40 min.
FSP: 15 |
DEM: 50 min.
FSP: 12 |
DEM: 80 min.
FSP: 9 |
DEM: 100 min.
FSP: 6 |
|||
|
Moderado |
DEM: 20 min.
FSP: 30 |
DEM: 30 min.
FSP: 25 |
DEM: 40 min.
FSP: 15 |
DEM: 50 min.
FSP: 12 |
|||
|
Alto |
DEM: 15 min.
FSP: 50 |
DEM: 20 min.
FSP: 40 |
DEM: 25 min.
FSP: 30 |
DEM: 35 min.
FSP: 20 |
|||
|
Moi alto |
DEM: 15 min.
FSP: 50 |
DEM: 20 min.
FSP: 40 |
DEM: 25 min.
FSP: 30 |
DEM: 35 min.
FSP: 20 |
|||
|
Extremo |
DEM: 10 min.
FSP: 60 |
DEM: 15 min.
FSP: 50 |
DEM: 20 min.
FSP: 40 |
DEM: 25 min.
FSP: 30 |
Táboa 2. - Queimadura solar. Tempo requerido para queimarse sen protección (DEM).
DEM: Dose Eritematóxena Mínima. É o tempo mínimo que tarda a pel en se queimar sen fotoprotección, depende do nivel de radiación e do tipo de pel.
FPS: Factor de Protección Solar. Indica numericamente as veces que, en teoría, se prolongará o tempo de DEM ó aplicar un fotoprotector. Un FPS 2 indica que a DEM se duplicou, FPS 10 que é lO veces superior, etc. Así, se vostede se queima en 20 minutos (DEM de 20), un producto con FPS 10 teoricamente aumentaría o tempo sen queimarse ata 200 minutos.
Na sección Medios de Fotoprotección amplíase a información sobre estes productos.
- Introducción. O sol e o ser humano.
- A radiación ultravioleta.
- A capa de ozono.
- Efectos nocivos da exposición excesiva á luz solar.
- Predición do índice ultravioleta
- Medidas de protección recomendadas.
- Medios de fotoprotección. Características recomendadas.
- Bronceado artificial. Lámpadas solares.
- Tópicos sobre a radiación ultravioleta
- Ó redor do 95% da radiación UV penetra na auga, e o 50% faino ata unha profundidade de 3m.
- A exposición á radiación UV altera o sistema inmune, pode desencadear ou agravar certas enfermedades cutáneas e tamén causar reaccións de fotosensibilidade de causa tóxica ou alérxica.
- Aínda que moitos dos peores efectos debidos á excesiva exposición ó sol non aparecen na xuventude, a investigación medica mostra que a meirande parte da radiación UV que nos alcanza ó longo de toda a vida (ata o 80%) ocorre nos primeiros 18 anos e que as queimaduras solares intensas na infancia aumenta significativamente o risco de desenvolver cancro cutáneo na idade adulta.

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.11