Glosario de meteoroloxía
Vaguadas

Unha vaguada ou surco consiste nunha configuración isobárica constituída por isobaras non pechadas en forma de V máis ou menos invertida; a presión máis baixa correspóndese coa isobara máis interior; estas rexións atmosféricas nas que a presión é menor ca do entorno no seu mesmo nivel soese asociar a estados de mal tempo.

As vaguadas sempre presentan circulación ciclónica, por tanto, senso de circulación do vento antihorario no hemisferio norte, e horario no sur.


imaxe vaguada

Ó tratarse de masas de aire frías, as configuracións topográficas de vaguada (coma a indicada na ilustración mediante a grosa liña negra) son campos de baixa presión que veñen representados nas topografías absolutas coa letra B (ou L, en inglés) e nos mapas de espesor coa letra F (frío ou C, cold en inglés).


Curiosidades
  • Nos mapas do tempo en superficie, as borrascas identifícanse cun B de baixa ou un D de depresión (un L en inglés e un T en alemán); os anticiclóns recoñécense pola A de alta (ou H en inglés e alemán).
  • Para os antigos escandinavos, a tormenta era o modo de manifesta-la súa ira ó deus Thor; éste golpeaba o iunque co seu tremendo martelo provocando o trono. Os estralos e lóstregos non eran outra cousa que as chispas e centellas que saltaban ó golpe do martelo de Thor.
  • O desastre que os temporales atlánticos fixeron sufrir á Armada Invencible que mandou contra Inglaterra Felipe II de España, á que ocasionaron uns 8000 mortos e a perda de 63 navíos, din que fixo exclamar a Don Felipe: "Eu non mandei ás miñas naves a loitar contra as tempestades".



Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12