Glosario de meteoroloxía
Vaga de calor

¿Que é vaga de calor?

O primeiro que cómpre dicir é que non existe unha definición estándar consensuada do que se coñece como vaga de calor.

O segundo que é convinte distinguir é un episodio de temperaturas extremas dun episodio de "vaga de calor". Este último, indica unha certa persistencia de temperaturas extremas durante varios días combinados con noites tropicais (temperaturas mínimas maiores que 20°C).


Sistema de niveis de alerta de Saúde Pública e MeteoGalicia

O sistema preditivo está baseado na predición dun modelo meteorolóxico (WRF) con 4 km de resolución sobre Galicia. Nesa resolución calcúlase punto a punto (e represéntase graficamente) a superación de certos limiares.

Ademais, concello a concello, faise unha corrección (por tanto debería ser máis precisa) das saídas do modelo para calcular, concello a concello, esa superación de limiares.

Por outra banda, úsanse os datos das estacións de MeteoGalicia, facendo tamén unha interpolación a cada concello, para facer unha análise do día de onte, e así verificar as superacións dos limiares para o cálculo dos niveis de alerta.

Os limiares que se deben superar simultáneamente nun punto (sexa un punto da malla 4km do modelo, ou sexa un concello concreto) para dar "superación de valores limiares" son:

  • O índice NET máximo supera o percentil 95 do seu valor nese punto.
  • O índice NET supera nese punto o limiar de confortabilidade do modelo, de 24°C (que é diferente ao nivel de confortabilidade aplicado a datos reais, que e de 26°C).
  • As temperaturas mínimas dese mesmo día superan o limiar de 20°C (Ademais, para evitar o erro sistemático de sobreestimación de mínimas do modelo, esíxelle ao modelo que supere o percentil 95 da tempereatura mínima nese punto).

Saúde Pública establece uns niveis de alerta das actuacións preventivas en función dos valores dos índices reais dos tres días anteriores e dos valores preditivos dos tres días seguintes:

  • Nivel 0: Situación de normalidade, cor verde: cando o valor preditivo do índice de sensación térmica máxima para ese día e os dous seguintes non sexa igual ou superior ao percentil 95 do índice de Missenard.
  • Nivel 1a: Pre-alerta, cor amarelo: cando o valor real do índice de sensación térmica para os tres días anteriores fose inferior ao percentil 95 do índice de Missenard, o valor preditivo do índice para ese día e os dous seguintes sexa igual ou superior ao percentil 95 do índice de Missenard , sempre que se vexa superado o valor de 24, e o valor preditivo da temperatura mínima para ese día e os dous seguintes supere os 20 ºC . Indica que, de cumprirse as predicións, é probable que se cumpran as condicións de nivel 1b de alerta laranxa nos días seguintes.
  • Nivel 1b: Alerta, cor laranxa: cando o valor real do índice de sensación térmica para un ou dous dos tres días anteriores fose igual ou superior ao percentil 95 do índice de Missenard e maior de 24 e a temperatura mínima superior ós 20 ºC, dándose esas mesmas circunstancias para a predición dese día e os dous seguintes.
  • Nivel 1-0: Mantense a alerta, cor azul dentro dun círculo: atopándonos en calquera nivel de alerta, existe predición de que remate a mesma ó día seguinte ou ós dous días (D+1 ou D+2), cando se dan as seguintes circunstancias: estando en situación de alerta laranxa ou vermella, as predicións para ese día (D+0), ou ben as predicións para ese día e máis o seguinte (D+0 e D+1) indican que seguiran sobrepasándose os umbrais establecidos, volvendo a situarse en valores normais ó día ou días seguintes.
  • Nivel 2: Alerta, cor vermella: cando o valor real do índice de sensación térmica para os tres días anteriores fose igual ou superior ao percentil 95 do índice de Missenard e maior de 24 e a temperatura mínima superior ós 20 ºC, dándose esas mesmas circunstancias

O índice NET

É a Net Effective Temperature, evolución da Effective Temperature (ET) ou índice de Missenard, para incluir ademais dos efectos da humidade os do vento de cara empregado como índice de confort humano:

imaxe formula

onde t é a temperatura ambiente (°C), v a velocidade do vento (m/s) e HR a humidade relativa (%), é dicir:

  • O índice NET NON é o Índice de Missenard senón unha mellora do mesmo.
  • O índice NET NON é unha "sensación térmica", non é un "Heat Index" coma o do National Weather Service ou outros), pois non da un valor que nos indique a temperatura que experimenta unha persoa polo efecto combinado de temperatura, humidade e vento.
  • O valor do índice NET explicaríase como a temperatura á cal teríamos a mesma sensación térmica que coa temperatura actual se a humidade fose do 100%.
  • Exemplo:Se temos: Temperatura=40°C; Humidade relativa=50%; velocidade do vento=1 m/s, o índice NET sería igual a: 34.4°C, é dicir a 34.4°C e o 100% de humidade hai a mesma sensación térmica que a 40°C; 50%; e 1 m/s.

Curiosidades
  • O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
  • O período máis longo con máximas de 38º C ou máis foi Marble Bar (Australia),162 días consecutivos.
  • A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.


Chuvia: Récords meteorolóxicos
  • 1 MINUTO: En Barot, Guadalupe, Antillas Menores, o 26 de novembro de 1970 medíronse un total de 38,1 mm.
  • 12 HORAS: En Belouve, La Reunión (Océano Índico), o 28 de febreiro de 1964, caeron 1087 mm.
  • 1 ANO: En Cherrapunji (India), de agosto 1860 a xullo de 1861 medíronse 26461 mm.

Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.11