O proceso de predición meteorolóxica baséase no coñecemento da situación no momento de efectua-la predición. A partires do coñecemento da situación nun determinado momento pódense coñece-los mecanismos que actúan sobre a atmósfera e predeci-los comportamentos desta nas horas seguintes.
En décadas anteriores, esta extrapolación efectuábase baseándose no coñecemento destes mecanismos por parte dos predictores, pero na actualidade incorporáronse as técnicas de modelización numérica á atmósfera. A aplicación destes modelos fixo sobre todo que as prediccións poidan ser realizadas con bastante exactitude, en promedio, ata as seguintes 72 horas. A partires desa duración os resultados dun modelo numérico poden alonxarse moito da realidade debido ó comportamento caótico da atmósfera que fai que a sensibilidade da mesma ás condicións iniciais sexa extrema.
Para coñece-la situación no momento da predición empréganse medidas de variables atmosféricas (presión, temperatura, vento, humidade...) tanto en superficie como nos distintos niveis atmosféricos puidendo alcanzar os 10 ou 12 Km de altura. Estas observacións obtéñense tanto por radiosondaxes, coma por barcos, avións e estacións de observación en superficie. Ademáis empréganse tamén os datos obtidos polos satélites meteorolóxicos, coma por exemplo, o Meteosat.
En canto ós modelos numéricos, estos empréganse en modo global, dando unha situación sinóptica xeral e nun modo máis local, que permita distingui-las características locais de cada zona.
Os métodos tradicionais de predición son:
- As piñas, que se abren ou se pechan segundo a humidade ambiental: unha piña aberta indica tempo seco e unha pechada, tempo húmido.
- As algas mariñas: do mesmo xeito que as piñas, as algas responden ós cambios de humidade.
- O vermello celestial: Se na súa posta o sol se encarna, bo tempo asegurado; pero se no amencer se avermella, mal augurio semella.
- O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
- A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
- A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12