En xeral, cando se fala de circulación estuárica nas Rías Baixas refírese a aquela producida pola denominada corrente residual. Con este termo recóllese aquela dinámica de tipo semanal ou estacional que resulta de filtrar movimentos de frecuencias moi altas, como por exemplo a marea. Polo tanto, a circulación estuárica mostrará o transporte neto dos corpos de auga que subxace por debaixo destes movimentos periódicos producidos pola marea. As causas xeradoras desta circulación son principalmente as distribucións da densidade que se producen na ría e as súas fronteiras e o vento. A densidade está determinada pola salinidade e temperatura. A corrente producida pola distribución de la densidade coñécese có nome de corrente baroclínica. As Rías Galegas pertecen xeralmente a o grupo de estuarios positivos parcialmente misturados cunha circulación residual en doble capa, a máis profunda más densa con auga entrante, e a superior con auga saínte e densidade menor.
De novembro a marzo, soe darse unha inversión térmica producida polo enfriamento das capas superficiais. Aínda así, a estabilidade da columna de augase é mantida pola salinidade, debido ao aporte da auga doce procendete dos ríos. A columna de auga permañece estratificada en dúas capas coa auga menos densa na capa de arriba e auga máis densa na capa de abaixo. A pesar de isto, a presencia de ventos predominantes do suroeste nestas datas provoca interrupcións e bloqueos desta circulación, e a homoxeneización da columna.
En verán, é a temperatura o que determina a estratificación da columna. Existe un aumento da temperatura nas capas superficiais debido á radiación solar que va a contrastar cun enfriamiento no fondo provocado polo afloramento costeiro. A circulación é de menor intensidade que no inverno excepto durante períodos de afloramiento. Os ventos predominantes do nordés van favorecer esta circulación que é tamén de doble capa.
- O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
- A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
- A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12