A costa de Galicia (NO de España) caracterízase pola presencia dunha serie de entrantes orientados aproximadamente no eixo SO-NE denominados Rías. A verba Ría está admitida internacionalmente e como tal figura nos diccionarios de terminoloxía técnica (Lapedes, 1981). Desde un punto de vista xeolóxico, son vales fluviais invadidos polo mar coma consecuencia do aumento do nivel deste no último periodo post-glacial (Romaní, 1984). Sen embargo, no contexto deste texto, resulta convinte facer referencia á súa dinámica: as rías compórtanse como estuarios positivos parcialmente misturados sometidos á influencia do sistema de afloramento do NO da Península Ibérica.
Fálase de estuario positivo cando o aporte de auga doce excede á evaporación, e dun estuario parcialmente misturado cando se xeran gradientes de salinidade lonxitudinais e verticais coma consecuencia da turbulencia xerada por un rango mareal intermedio e un aporte fluvial relativamente pouco importante (Pritchard, 1969). Ademáis, a Plataforma Galega forma parte do extremo septentrional dunha das rexións de afloramento máis importantes do mundo: o sistema de afloramento do NO Africano, que se atopa asociado coa corrente de Canarias extendéndose desde 10º ata 44º N (Wooster et al., 1976). Este sistema de afloramento influe na dinámica das Rías Galegas, xa que forza a entrada de auga subsuperficial polo fondo, incrementado o intercambio entre as Rías e a plataforma (Blanton et al, 1984; Prego y Fraga, 1992; Rosón et al, 1997).
Durante o outono e o inverno, debido á posición meridional do anticiclón das Azores, os ventos predominantes son de dirección Sudoeste, coñecéndose como a estación favorable ó afundimento (Wooster et al. 1976; Bakun y Nelson 1991), xa que o transporte de Ekman orixinado polos ventos predominantes propician o apilamento de auga na costa, na marxe ibérica do Atlántico Norte e o conseguinte afundimento da auga superficial. Por outro lado, desde principios da primavera e ata finais do verán, o reforzamento do anticiclón das Azores e o seu desplazamento ó Noroeste estimula ventos do Noroeste, Norte e Nordés. Este periodo coñécese coma a estación favorable ó afloramento (upwelling) debido a que a dominancia de ventos de compoñente Norte da lugar a unha diverxencia na costa, o que á súa vez, orixina un ascenso ou afloramento de auga subsuperficial oceánica (Wooster et al., 1976; McClain et al., 1986; Blanton et al. 1987; Bakun y Nelson, 1991). Sen embargo, este ciclo estacional apenas explica o 10% da variabilidade observada no réxime de ventos da zona, mentres que máis dun 70% de dita variabilidade contrase en periodos menores do entorno 10-12 días (Nogueira et al., 1997a; Nogueira, 1998; Álvarez-Salgado et al., 2001a) asociados co paso de borrascas.
- O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
- A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
- A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12