Representacións en Meteogalicia
Mapas en superficie

Os espaguetes

Consiste en representar as isoliñas de calquera variable para cada un dos membros do conxunto. A cada un dos membros asígnaselle unha cor que é independente do valor da variábel. Ó final da simulación as liñas están moi mesturadas (representado as diferencias na solución de cada membro) recordando a un prato de espaguetes.


formula formula
formula
  • Espaguete do campo de presión reducida ó nivel do mar do conxunto do GFS para os instantes de predicción 0h, 72h e 144h respectivamente. Obsérvese coma ás 0h os campos son moi parecidos, ás 72h aínda gardan algunha similitude e ás 144h xa son moi diferentes entre si.

A probabilidade

No caso da precipitación é moi útil representar a probabilidade de que a chuvia supere diferentes intervalos. Na figura móstrase a probabilidade de que a chuvia supere 1, 5, 10 e 30 litros respectivamente. Vemos que esta representación permite establecer dunha forma rápida e clara a configuración da chuvia que predí o conxunto. Neste caso vese como a probabilidade vai diminuíndo a medida que aumenta o intervalo deixando ó descuberto as áreas onde a cantidade de chuvia predita é maior.


formula
formula
  • Probabilidade de que a precipitación acumulada en 24 horas supere os límites de 1, 5, 10 e 30 litros(de esquerda a dereita e de arriba a abaixo) para un mesmo día. Obsérvese como a medida que aumenta o límite quedan ó descuberto as zonas onde a cantidade de precipitación predita é maior.

Medias e Dispersións

En ocasións é útil representar a media e a dispersión asociada. A media sóese representar con cores sólidas de fondo e a dispersión con isoliñas. Deste xeito é moi rápido identificar cales son as áreas da simulación que teñen unha meirande incerteza.


formula
formula
formula
  • Mapas de superficie co valor medio da variable predita polo conxunto e a súa dispersión asociada. As liñas de dispersión rodean as zonas onde a predición feita pola media é máis incerta.



Curiosidades
  • O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
  • A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
  • A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.

Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12