Probabilidade

A interpretación dun conxunto representa un gran problema. Frecuentemente temos ducias de saídas de modelos e é necesario ter en conta a información que aporta cada un deles. Así que é importante utilizar métodos que resuman a información de forma compacta. Os dous métodos máis habituais son a media e a dispersión asociada e os diagramas de probabilidade.

En certas ocasións a media non é axeitada para estudar o resultado dun conxunto e nestes casos recórrese á probabilidade. Variables coma o vento ou a precipitación son habitualmente representadas con este método. A probabilidade establécese a partir do número de membros que predín un fenómeno dividido polo número total de membros. O gráfico é un exemplo da saída dos diferentes membros do conxunto. Neste caso a media indicaría unha chuvia feble e o valor da dispersión unha incerteza bastante grande na predición que fai a media. Sen embargo se estudiamos a probabilidade vemos que un 70% dos membros establece que non choverá fronte a o 30% que afirma que si. Este resultado indica dunha forma clara que as posibilidades de que chova son escasas comparadas coas de que non chova pese a que a media indicaría un valor significativo de precipitación.


formula

  • No gráfico móstranse as predicións para os membros do conxunto da cantidade de precipitación para un punto de malla. No exemplo obsérvase como a media pode ocultar información sobre a información do conxunto. Neste caso a media predí unha cantidade representativa de precipitación mentres que a meirande parte dos membros estiman que non vai chover.



Curiosidades
  • O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
  • A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
  • A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.

Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12