Glosario de meteoroloxía
Oceanografía

Advection vs convection

Históricamente, estes termos empregáronse indistintamente para denominar o transporte ou movemento macroscópico dun fluído ou das súas propiedades (temperatura, salinidade, concentración de osixeno, etc...). Actualmente enténdese por advección ó transporte horizontal dun fluído e as súas propiedades mentres co termo de convección aplícase ó transporte vertical dese fluído ou propiedade. Na maioría dos casos, tanto no océano coma na atmosfera, a convección está orixinada por diferencias de densidade dentro do fluído, por exemplo, o afundimento de auga fría e densa nas rexións polares ou o afloramento de aire cálido, menos denso, durante a formación de cumulonimbos de treboada.


Barotrópico vs baroclino

Dunha forma simplificada, coñécese como barotrópico aquela parte do fluído que non depende da profundidade. Dacordo coa teoría clásica da circulación oceánica inducida polo vento (wind-driven ocean circulation), o fluxo barotrópico débese á inclinación da superficie libre do mar. Outras definicións máis prácticas son aquelas que estiman a compoñente barotrópica coma o fluxo medio en profundidade ou o fluxo á profundidade onde o primeiro modo baroclino faise cero. Inestabilidade barotrópica é o proceso polo cal a turbulencia mesoescalar emprega a enerxía cinética do fluxo medio para crecer. Este proceso ocorre en rexións de intensas correntes coma as presentes no borde Oeste dos océanos ou na zona ecuatorial. Baroclínico é aquel fluxo que si depende da profundidade. É a compoñente do fluxo que depende da distribución de densidade do fluído. Por inestabilidade Baroclina coñécese ó proceso polo cal a turbulencia mesoescalar emprega a enerxía potencial contida nos fluídos estratificados para crecer. Este proceso ocorre en rexións con gradientes verticais grandes en empuxe debido ás diferencias de temperatura e sal.


Afloramento (upwelling)

É o responsable de traer augas profundas, frías e ricas en nutrintes á superficie. A rotación da terra e ventos estacionais intensos empurran a auga superficial alonxándoa das marxes Este dos océanos, polo tanto nas costas Oeste dos continentes prodúcese o afloramento de augas profundas para remplazar ese transporte de auga superficial. O afloramento costeiro está usualmente inducido polo transporte de Ekman. O afloramento ecuatorial de grande escala débese á diverxencia co transporte de Ekman produce no ecuador; os ventos alisios que sopran predominantemente do Leste cara o Oeste nos trópicos. No Hemisferio Norte, dan lugar a un transporte cara o Norte e cara o Sur no Hemisferio sur, o que produce o afloramento de auga fría e máis rica en nutrintes.


Difusión

Divídese en molecular ou turbulenta. A difusión molecular xurde do movemento aleatorio das moléculas e dá lugar á homoxeneización das propiedades dun fluído co tempo. A difusión turbulenta considera a mezcla resultado do movemento aleatorio de estructuras coherentes de pequena escala. Estas estructuras, normalmente non resoltas polas medicacións, son un eficiente sistema de mistura e dá lugar a tasas de mistura oceánicas e atmosféricas moito máis altas que aquelas que acada a difusión molecular. A modelización da difusión turbulenta é un dos actuais problemas da física aplicada.


Fluxo de Ekman

Denominouse así tralo traballo pioneiro do oceanógrafo sueco V.W. Ekman, quen deu lugar á fundación da teoría dinámica da circulación do océano debida ó vento. Ekman derivou a solución do estado estacionario para o problema do vento constante soprando nun mar infindo. Esta solución, coñecida coma a Espiral de Ekman, ten un fluxo que comeza 45 1 á dereita (esquerda) do vento no Hemisferio Norte (Hemisferio Sur) e rota no senso das agullas dun reloxo (ó revés no HS) coa profundidade. Coñécese como transporte de Ekman ó fluxo medio total integrado en profundidade; este transporte ten unha dirección de 90º á dereita (esquerda) da dirección do vento no HN (HS). A converxencia ou diverxencia do transporte de Ekman e o fluxo restante destas converxencias e diverxencias son os que determinan os xiros oceánicos a grande escala. Coñécese coma Ekman pumping ó movemento vertical que se produce coma consecuencia da formación de zonas de diverxencia debido ó campo de vento tanto a escala global coma local.


Estuario

Segundo Dyer (1997), un estuario é un corpo de auga costeiro semicerrado, que ten unha conexión libre co océano aberto extendéndose cara o río ata o nivel de influencia da marea, e dentro do cal a auga do mar atópase diluída coa auga doce provinte da escorrentía dun modo medible.

Termos
  • Advection vs convection
  • Barotrópico vs baroclino
  • Afloramento (upwelling)
  • Difusión
  • Fluxo de Ekman
  • Estuario



Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12