Glosario de meteoroloxía
Tormentas
Tormentas
Unha tormenta é unha intensa borrasca local que vai asociada a un cumulonimbo grande e denso no que hai correntes de aire ascendente moi fortes.
A tormenta vai acompañada normalmente de estralos e lóstregos, así coma de choiva forte, xeralmente moi intensa, que dura un período curto.
Lóstregos
No interior dunha nube, as cargas eléctricas prodúcense pola colisión entre os cristais de xeo e a sarabia.
Nunha segunda fase, as cargas sepáranse acumulándose as positivas no cumio da nube e na base, as negativas.
A carga negativa da base induce cargas positivas no chan situado inmediatamente por debaixo da nube.
Os lóstregos establécense coma descargas entre as cargas positivas e negativas situadas ambas no interior da nube ou entre a nube e o chan.
Curiosidades
- Para os antigos escandinavos, a tormenta era o modo de manifesta-la súa ira ó deus Thor; éste golpeaba o iunque co seu tremendo martelo provocando o trono. Os estralos e lóstregos non eran outra cousa que as chispas e centellas que saltaban ó golpe do martelo de Thor.
- O desastre que os temporales atlánticos fixeron sufrir á Armada Invencible que mandou contra Inglaterra Felipe II de España, á que ocasionaron uns 8000 mortos e a perda de 63 navíos, din que fixo exclamar a Don Felipe: "Eu non mandei ás miñas naves a loitar contra as tempestades".
- Na antigüedade, o halo era un signo celeste moi temido xa que presaxiaba pestes, lume ou guerras; en realidade, o único que anuncia o halo é a presencia segura de nubosidade prodecente do oeste.

Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.9.4
Teléfono: +34-881-999654