Glosario de meteoroloxía
Estacións meteorolóxicas. Instrumental. Insolación

Heliógrafos de Campbell-Stokes

O heliógrafo de Campbell-Stokes permite determina-lo número de horas efectivas de sol a partires dos rexistros grabados nunhas bandas de papel.

Consiste nunha esfera de vidro que, a modo de lente converxente, concentra os raios solares sobre unha banda de papel ou cartulina na que están impresas as liñas horarias; as horas nas que o sol escintila fan que a lente actúe en forma de lupa, carbonizando a cartulina cando a radiación solar rebasa determinado umbral; a lonxitude e posición desta zona quemada indica as horas de insolación.

O instrumento debe ser orientado cuidadosamente de maneira que a escala de tempo no cartón coincida co tempo solar.

Exemplo de heliógrafo de Campbell-Stokes:

imaxe heliografo



Curiosidades
  • O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
  • A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
  • A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.



Xunta de Galicia  
Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.9.4
Teléfono: +34-881-999654
Turismo de Galicia