Glosario de meteoroloxía
Estacións meteorolóxicas. Instrumental. Dirección e intensidade do vento

Anemómetros

Os anemómetros empréganse para medi-la velocidade do vento en superficie.

Existen dous tipos de anemómetros:

  • Os anemómetros rotatorios: O empregado con máis frecuencia é o anemómetro de cazoletas; éste leva normalmente tres cazoletas que están montadas en soportes equidistantes e perpendiculares ó eixo vertical. A forza exercida polo vento é moito maior no interior que no exterior da cazoleta, o que fai que ésta xire. Existen tres modelos principais de anemómetros de cazoletas: anemómetros de contacto, anemómetros de contador e anemómetros ordinarios.
  • Os anemómetros de tubo de presión: Se se considera un tubo aberto nun dos extremos e cerrado no outro, e mantense o tubo horizontalmente de maneira que o extremo aberto dea a cara ó vento, a presión do aire no interior do tubo aumentará en función da velocidade do vento. Se se toma agora un tubo semellante ó descrito pero con varios buratiños en fila e situado verticalmente, cando o vento sopre nos ocos, a presión no interior do tubo diminuirá debido a un fenómeno de aspiración. Nun anemómetro tubular de presión, as diferencias de presión producidas na forma descrita empréganse para medi-la velocidade do vento.

imaxe sensor vento


Anemógrafos

Os anemógrafos rexistran de maneira continua a velocidade do vento; posto que ésta oscila continuamente en torno a un valor medio, a curva que a representa sitúase sobre unha banda de anchura variable na que a liña media representa a velocidade media do vento.

Exemplo de anemógrafo:

imaxe anemografo


Curiosidades
  • O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
  • A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
  • A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.



Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.9.1
Teléfono: +34-881-999654
Galicia