Glosario de meteoroloxía
Estacións meteorolóxicas. Instrumental. Presión

Pluviómetros

O pluviómetro é un aparato destinado a medi-la cantidade de auga caída, xa sexa en forma de choiva, neve ou sarabia, expresada a través da cantidade de litros ou milímetros caídos por metro cadrado.

Calquera recipiente de boca ancha, que posúa unha superficie coñecida pode servir como pluviómetro; para efectua-las medidas, empregarase unha probeta graduada que dará os cc. de precipitación caídos no pluviómetro.

O pluviómetro tipo Hellmann é o instrumento meteorolóxico máis xeralizado. Nel, a choiva se recolle nun funil de diámetro normalizado (200 cm2) e entra nun depósito de boca estreita, que se mantén aillado do contacto coas paredes dun recipiente exterior, para evita-lo quentamento da auga. Minimízanse, así, as perdas de agua por evaporación. A choiva recollida mídese logo cunha probeta graduada adecuadamente.

Exemplo de pluviómetro:

Exemplo de barómetro de mercurio:

imaxe barometro


Pluviógrafos

É un instrumento rexistrador que mide a cantidade de precipitación e indica a intensidade caída. En xeral están constituidos por recipientes dobles de medida coñecida; cando un dos semidepósitos énchese de auga, prodúcese un valeirado que leva a auga recollida ó outro semidepósito e así sucesivamente. Este movemento transmítese a unha plumiña que inscribe sobre a banda rexistradora o número de volcados que se produciron; coñecida a capacidade que posúe cada un dos semidepósitos pódese obtene-la cantidade de precipitación caída a través dunha simple multiplicación.

Na práctica, o termómetro de máxima colócase case horizontalmente, co depósito lixeiramente cara abaixo, facendo un ángulo de 2º co horizonte; esta lixeira inclinación impedirá que a columna de mercurio se deslice cara o fondo do capilar, o que pode ocorrer coma consecuencia de vibracións, coma por exemplo cando o instrumento se volve a colocar no seu sitio despois dunha lectura.

Exemplo de pluviógrafo:

imaxe barografo


Curiosidades
  • O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
  • A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
  • A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.



Xunta de Galicia  
Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.9.4
Teléfono: +34-881-999654
Turismo de Galicia