Glosario de meteoroloxía
Estacións meteorolóxicas. Instrumental. Temperatura do chan

Xeotermómetros

Para medi-la temperatura do terreo a toda unha serie de profundidades dadas empréganse termómetros introducidos en tres clases de terreo:

  • Chan desnudo
  • Chan con céspede
  • Chan de follaxe

As profundidades habituais para efectua-las medidas son 5, 10, 20, 50 e 100 cm por debaixo da superficie.

Os xeotermómetros máis prácticos son termómetros de mercurio en tubo de vidrio co tubo doblado en ángulo recto, aínda que tamén se empregan con bastante asiduidade, termómetros suspendidos no interior de tubos de ferro, chantados no terreo á profundidade desexada.

Exemplo de xeotermómetro:

imaxe xeotermometros



Curiosidades
  • O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
  • A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
  • A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.



Xunta de Galicia  
Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.9.4
Teléfono: +34-881-999654
Turismo de Galicia