Glosario de meteoroloxía
Estacións meteorolóxicas: Instrumental

A instrumentación dunha estación meteorolóxica pode variar en función do seu uso e das necesidades particulares de cada aplicación. As principais características que deben reuni-los instrumentos dunha estación son:

  • Precisión de cálculo.
  • Regularidade de funcionamento.
  • Sinxelo na execución.
  • Comodidade de manexo.
  • Solidez de construcción.

Instrumentos de medida en estacións manuais tradicionais:

Algúns dos aparellos anteriormente citados, en concreto, os termómetros de máxima e mínima, o termógrafo (ou o que é máis común, o termohigrógrafo), o psicrómetro e o evaporímetro de Piché colócanse nunha garita ó abrigo meteorolóxico, normalmente tipo Stevenson.

A garita de Stevenson

Está feita de madeira con láminas pintadas de cor branco para facilitar a ventilación e, á vez, protexer aos aparellos de medida da radiación solar e da choiva. A porta da garita oriéntase ao norte co fin de que o sol non perturbe a medida cando se fan as lecturas das distintas variables:

imaxe garita


Curiosidades
  • O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
  • A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
  • A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.



Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12