Unha estación meteorolóxica é o lugar no que se realizan observacións do comportamento da atmósfera e do medio ambiente. A recopilación de datos emitidos polo instrumental meteorolóxico e a súa posterior análise e estudo permitirán a caracterización espacial e temporal dos fenómenos atmosféricos, así coma a realización dun diagnóstico da situación atmosférica nun momento dado.
Nas estacións meteorolóxicas automáticas as distintas observacións meteorolóxicas son rexistradas de xeito automótico e continuo.
A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) clasifica as Estacións Meteorolóxicas en:
- Sinópticas: dedicadas ó estudio das variables meteorolóxicas co obxecto de prever o tempo a curto prazo.
- Climatolóxicas: onde se observa o estado do tempo acumulando datos con fines estatísticos e permitindo clasifica-lo clima dun lugar.
- Agrícolas: onde se observa tanto o estado do tempo coma fenómenos de carácter biolóxico en íntima relación coa agricultura do lugar.
- Aeronáuticas: Teñen como obxecto facilita-la circulación aérea.
- Especiais: Creadas con carácter temporal para o estudo específico de determinadas variables.
Ademáis, todas elas pódense subclasificar en principais, ordinarias e auxiliares en función da cantidade de variables atmosféricas que cuantifiquen.
Exemplo de estación meteorolóxica automática:
Á hora de prantexarse o establecemento dunha estación meteorolóxica hai que considerar qué é o que se pretende medir; qué variables meteorolóxicas son importantes para o estudo que se vai realizar; consecuentemente, qué tipo de estación meteorolóxica se vai construir e o número e tipo de instrumentos de medida cos que se vai dotar á estación.
- O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
- A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
- A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12