Foron os gregos os primeiros en establece-las bases da meteoroloxía; así, Aristóteles publicou no século IV a. de C. un tratado denominado Meteorolóxica. Tamén foi cuestión de interese na antiga Roma; así,os poetas latinos Virgilio e Plinio vincularon o estado e a cor da lúa coa meteoroloxía; Virgilio expresou: "Se estás atento ó curso regular da lúa, xamais te trabucarás sobre o tempo que fará ó día seguinte. Se ó cuarto día a lúa se ergue pura e crara, os días que seguirán ata o final da lunación serán sen chuvia e sen vento"; Plinio centrouse máis específicamente na cor do satélite: "A lúa vermella presaxia vento".
Aínda que as primeiras medicións de carácter meteorolóxico corresponden a datos da precipitación acumulada e foron realizadas polos chinos en Corea a partires do século XIII, hai que chegar ata 1652 para obte-la primeira serie sistemática con datos meteorolóxicos, realizada pola Florentine Accademia del Cimento. En España, as primeiras observacións meteorolóxicas rexistradas están datadas no 1737.

Imaxe 1: A presencia de obstáculos induce importantes cambios na circulación dun fluído, coma por exemplo, a formación dos vórtices de von Karman; estes patróns son especialmente impresionantes na atmósfera; así, na imaxe móstrase a formación dos vórtices de von Karman nas nubes coma consecuencia da perturbación que representan o grupo das illas Guadalupe.
Récords meteorolóxicos
- Máximo de precipitación acumulada en:
- Os ventos máis fortes rexistrados foron refachos de 372 km/h no monte Washington, en New Hampshire (EEUU), o 12 de abril de 1934.
- En Vostok, na Antártida, rexistrouse a temperatura máis fría do mundo: -89.2ºC o 21 de xullo de 1983.
- A temperatura máis baixa rexistrada xamais no hemisferio Norte (-71º) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
- As temperaturas máis altas rexistradas na Antártida e no círculo Polar Ártico foron 14.4ºC en outubro de 1958, e 37.8ºC en Fort Yukon (Alaska) en xullo de 1915, respectivamente.
- O período máis longo con máximas de 38º C ou máis foi Marble Bar (Australia),162 días consecutivos.
- A meirande temperatura da superficie do mar achouse entre Qatar e a illa de Bahrein, no golfo Pérsico.
- O período máis longo sen chuvia observouse en Iquique (Chile); durou 14 anos.
- Na costa oriental da península arábiga, en Abu Dhabi, as chuvias anuais só chegan a 100 mm de precipitación; o orballo aporta outros 50 mm á precipitación total.
- O lugar máis seco do mundo, tomando en conta a precipitación media anual, atópase en Onsis Dachla, Exipto, cunha precìtación de 0.7 mm por ano.
- O máximo anual de días de tormenta rexistráronse en Buitenzorg (Xava); foron un total de 322 días.
- A sarabia máis grande rexistrouse el 14 de abril de 1986, en Gopalgnaj (Bangladesh); pesaba 1.02 Kg.
- O máximo número de días de sarabia ó ano, 100 días, producíronse en Kericho, Kenia.
- A meirande cantidade anual de neve rexistrada no mundo obtívose en Paradise, monte Rainier, Washington, EEUU; medíronse un total de 31.102 mm do 19 de febreiro de 1971 ó 8 de febreiro de 1972.
- A presión máis baixa rexistrada observouse no Océano Pacífico, a 480 Km ó oeste da illa de Guam, no coñecido triángulo chamado "trampa do ceo", o 12 outubro de 1979; o seu valor era de 870 hPa.
- A máxima presión atmosférica rexistrada a nivel do mar foi de 1083.8 milibares en Agata, Siberia, o 31 de decembro de 1968.
- Os ventos máis fortes rexistrados foron refachos de 372 km/h no monte Washington, en New Hampshire (EEUU), o 12 de abril de 1934.
- En Vostok, na Antártida, rexistrouse a temperatura máis fría do mundo: -89.2ºC o 21 de xullo de 1983.
- A temperatura máis baixa rexistrada xamais no hemisferio Norte (-71º) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
- As temperaturas máis altas rexistradas na Antártida e no círculo Polar Ártico foron 14.4ºC en outubro de 1958, e 37.8ºC en Fort Yukon (Alaska) en xullo de 1915, respectivamente.
- O período máis longo con máximas de 38º C ou máis foi Marble Bar (Australia),162 días consecutivos.
- A meirande temperatura da superficie do mar achouse entre Qatar e a illa de Bahrein, no golfo Pérsico.
- O lugar máis soleado do mundo é a ciudade de Yuma, en Arizona (EEUU), cunha media de 4127 horas de sol ó ano.

Imaxe 2: Na imaxe obsérvanse a presencia de ondas Kelvin-Helmholtz, causadas polo rozamento do vento, é dicir, pola existencia de ventos de velocidades distintas en niveles adxacentes da atmósfera; avións próximos á rexión de formación destas ondas probablemente sentirían o efecto de turbulencias moderadas.
Os animais e a meteoroloxía
- O reino animal parece estar especialmente dotado para coñece-lo tempo que se aproxima.
- As formigas establecen rutas cara os seus formigueiros cada vez máis en liña recta conforme empeora o tempo.
- As ras croan de forma insistente cando a chuvia se aproxima e, sen embargo, este sonido baixa de intensidade coa chegada do bo tempo.
- As anduriñas comúns seguen a isoterma de 9ºC nos seus desprazamentos.
- As gaivotas advirten da presenza de mal tempo na mar cando nos seus vos se adentran en terra firme.
- O chirrido dun grilo permite coñece-la temperatura reinante; contando o número de chirridos emitidos polo animal nun minuto, dividindo esta cantidade entre cinco e sumándolle seis obtémo-la cifra desexada.
- Un antigo refrán arxentino indica que: "Golfiños que moito saltan, vento traen e calma espantan".

Imaxe 3: Un avión xera zonas de baixas presións no aire circundante, onde se a humidade é elevada produciranse penachos de condensación; nos avións de hélice a zona de depresión xérase na punta das aletas da hélice, co resultado de que éstas forman liñas de condensación helicoidal segundo avanzan.
- A única humidade que chega ó deserto de Namibia, ó sudoeste de África, faino en forma de néboa mariña.
- Refraneiro popular: "Mañás de néboa, tardes de sol".
- 1 MINUTO: En Barot, Guadalupe, Antillas Menores, o 26 de novembro de 1970 medíronse un total de 38,1 mm.
- 12 HORAS: En Belouve, La Reunión (Océano Índico), o 28 de febreiro de 1964, caeron 1087 mm.
- 1 ANO: En Cherrapunji (India), de agosto 1860 a xullo de 1861 medíronse 26461 mm.

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12