A sensación térmica é unha corrección empregada en meteoroloxía para expresar de maneira máis exacta a temperatura que sinte unha persoa, que en moitos casos resulta moi diferente da temperatura ambiente rexistrada. As variables que máis afectan ó benestar térmico do home son a temperatura e a humidade ó incidir ambas sobre a capacidade de perda ou ganancia de calor do corpo humano; a éstas hai que engadi-la influencia da velocidade do vento que contribúe na menor ou maior sensación de incomodidade.
O chamado wind chill (enfriamento polo vento) é o índice meteorolóxico que combina a temperatura e a velocidade do vento para calcula-la perda de calor que produce no corpo unha masa de aire frío en movemento. Exprésase coma a enerxía perdida por un corpo por unidade de área de pel exposta por segundo; a súas unidades son os vatios por metro cadrado; os valores do wind chill oscilan habitualmente entre os 1000 e os 2500 (vatios/metro cadrado).
O cálculo do enfriamento polo vento realízase en base a esta fórmula:
Enfriamento térmico = 0.323 * (18.97 * sqrt (velocidade do vento)- velocidade do vento + 37.62 * (33.0 - temperatura do aire)
onde o enfriamento térmico se expresa en vatios por metro cadrado, a velocidade do vento en quilómetros por hora e a temperatura do aire en graos centígrados.
Sen embargo, resulta máis funcional emprega-la temperatura equivalente do enfriamento polo vento, que non é máis que a forma de expresa-los efectos combinados da velocidade do vento e da temperatura en graos centígrados; calcúlase determinando cal é a temperatura exterior que se tería cunha velocidade do vento de 6 quilómetros por hora (a velocidade media do paso dunha persona) de xeito que o factor de wind chill sexa o mesmo co que se obtería para a temperatura ambiente e a velocidade de vento do momento actual.
A expresión que permite o cálculo da temperatura equivalente do enfriamiento polo vento é:
Temperatura equivalente = 33.0 - (B * sqrt (velocidade do vento)- velocidade do vento + C)/(B * sqrt (velocidade de paso) - velocidade de paso + C) * (33.0 - temperatura)
onde a velocidade do vento e de paso se expresan en quilómetros por hora, sendo o valor desta última de 6 Km/h, as temperaturas en graos centígrados e B e C constantes de valor igual a 18.97 e 37.62, respectivamente.
Cando baixa a temperatura, o corpo humano activa unha serie de mecanismos para se manter quente (por exemplo, comeza a bate-los dentes). O organismo produce a calor que se precisa en base ó forte movemento muscular formando permanentemente unha fina capa protectora de aire quente que rodea á pel e a ailla da temperatura exterior. En ausencia de vento, esa capa circula e se eleva polo corpo ata a fronte; pero cando hai vento, esta capa vese desprazada e arrastrada, polo que se sinte máis frío. Canto máis forte sexa o vento, máis esforzo terá que face-lo corpo para renova-la capa de aire que se perde constantemente.Por outro lado, un forte vento aparta a calor xerada polo noso corpo evaporando rápidamente calquera humidade que se forme sobre a nosa pel.
- O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
- A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
- A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12