Prodúcense pola condensación do vapor de auga nunha superficie, preferentemente sobre as plantas, xa que estas transpiran e aportan vapor de auga ó aire sobre a súa cuberta.
A situación máis favorable para a formación de xeadas son as noites despexadas; nelas, o enfriamento nocturno é maior ademais de estaren acompañadas dun elevado grao de humidade.
Tipos de xeadas:
- Xeadas de radiación
- Xeadas de advección
- Xeadas de evaporación
Xeadas de radiación
Son as que se producen en noites despexadas con alta radiación do solo á atmosfera por non haber nubes e pouca cantidade de vapor de auga. Preséntanse tamén en noites en calma. Frecuentemente están acompañadas de inversión térmica. En latitudes medias, prodúcense ó remate da primavera e principios do outono.
Os factores que determinan a intensidade deste tipo de xeadas son os seguintes:
- A nubosidade: Os ceos despexados aumentarán o risco de xeadas.
- O vento: A irradiación terrestre supón un gran enfriamento na capa de aire en contacto co solo (de 5 a 15 m). Por riba desa altura o aire está máis quente e fórmase como unha tapadeira que impide que o aire máis cálido se mesture co frío. Se hai un vento moderado a mezcla entre ambas capas aumenta e o risco de xeada merma.
- O grao de humidade: Se a humidade relativa é alta, a radiación nocturna conduce a néboas, pero non a xeadas. Ademáis a néboa constitue unha protección contra a radiación excesiva.
- A topografía do terreno: Pola noite, as montañas enfríanse antes cos vales. O aire que está en contacto con vales enfríase e baixa polar ladeiras para acumularse nas zonas baixas.
- O tipo de solo: Os solos con pedras e soltos enfríanse rápidamente porque conducen mellor a calor. A presencia de vexetación aumenta a radiación.
Dependendo do punto de rocío as xeadas poden dividirse en:
- Xeadas brancas: O punto de rocío é superior ós 0 ºC, de xeito que se a temperatura baixa formarase escarcha.
- Xeadas negras: O punto de rocío é inferior ós 0 ºC, de forma que se a temperatura baixa, non se formará escarcha, o xeo non será visible pero as plantas resultarán estragadas.
Nas costas tropicais é onde se produce a meirande cantidade de xeada, por seren zonas costeiras cunha elevada temperatura e humidade; chegáronse a recoller cantidades superiores ós 4 l/m2, polo que en paises como Chile, a xiada serve coma fonte de auga potable.

Xeadas de advección
Prodúcense por invasión de aire frío, con temperatura inferior ó punto de conxelación. Poden ocorrer a calquera hora do día e os métodos de loita contra este tipo de xeadas son, en xeral, ineficaces.
Xeadas de evaporación
Preséntanse ó evaporarse a auga sobre as plantas, robando ó aire o calor latente de evaporación e ocasionando o enfriamento deste. Despois do paso duna fronte fría a humidade relativa disminúe considerablemente, de xeito que a humidade que recubre os vexetais evapórase de forma rápida.
Carácter da xeada
- Xeada feble:: Cando a temperatura se atopa entre -3º e 0º.
- Xeada moderada: : Coa temperatura comprendida entre -8º e -3º.
- Xeada forte:: Cando se acadan temperaturas menores ós -8º.
- Cerca do Polo só un 5 % de calor da enerxía solar chega á superficie terrestre.
- Nas latitudes medias, o promedio alcanza o 50 ou 60 %.
- No Ecuador, chega á superficie en torno o 75 % da enerxía do Sol.
- 1 MINUTO: En Barot, Guadalupe, Antillas Menores, o 26 de novembro de 1970 medíronse un total de 38,1 mm.
- 12 HORAS: En Belouve, La Reunión (Océano Índico), o 28 de febreiro de 1964, caeron 1087 mm.
- 1 ANO: En Cherrapunji (India), de agosto 1860 a xullo de 1861 medíronse 26461 mm.

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12