Glosario de meteoroloxía
Influencia da superficie terrestre: Montañas e vales

A presencia de obstáculos topográficos induce importantes cambios na circulación do vento, cambios que abarcan dende aformación de ondas gravitacionais coa conseguinte formación de nubes orográficas cando a atmósfera posúe unha cantidade suficiente de humidade,ata a inducción de circulacións cerradas do vento en conxunción cos ciclos diurnos/noctucnos de calor.

As cordilleiras ou os vales impiden a libre circulación do vento forzándoo a superalas e provocando a xeración de ondas gravitacionais na atmósfera; nas crestas das ondas gravitacionais, onde o aire é desprazado cara arriba con respecto da súa situación de equilibrio, o entorno resulta máis frío, o que favorece a condensación da humidade presente no aire en ascenso e a formación das chamadas nubes orográficas.

Cando unha corrente de aire húmido ascende por unha montaña, sofre un enfriamento adiabático, condensando o seu vapor de auga e formando nubes e precipitacións. Pola contra, cando o aire así desecado descende pola vertiente oposta quéntase a razón de 1º C por cada 100 metros, resultando un aire máis seco e cálido que ó principio; este fenómeno denomínase efecto Foen e afecta a rexións tan dispares coma os Alpes de Suíza, as Montañas Rocosas en EEUU ou a Serra do Xuído en Galicia.

O quentamento solar diurno e a radiación nocturna que sofren as ladeiras de montes e vales xeran diferencias de temperatura entre masas de aire en contacto co relevo e aquelas situadas á mesma altura, aínda que lonxanas da influencia orográfica; é xustamente este gradiente de temperaturas o que desencadea a acción das forzas de flotación xerando circulacións ou patróns locais de vento denominados ventos Anabáticos e Catabáticos, consistentes en aire máis frío e denso descendente en superficie acompañado de aire máis quente ascendente en altura, no caso de vento Anabático mentres que para o caso de vento Catabático, a circulación establécese no senso contrario, aire máis cálido ascendendo en superficie que é reemplazado pola entrada en altura de vento menos cálido.


imaxe avi�n

As ondas da atmósfera poden producir tamén interesantes efectos visuais; así, os reactores producen estelas moi visibles (coma as indicadas na figura) cando voan por capas de aire que están por debaixo dos 0º C; o vapor expulsado polos motores condénsase en cristalitos de xeo.

imaxe relieve  

Ó fondo da imaxe obsérvanse nubes orográficas formadas polo relevo montañoso na costa de Samoa.

Curiosidades
  • O efecto Foen ten lugar na serra do Suído, onde a presencia de barreiras topográficas induce o ascenso forzado das masas de auga procedentes das costas oceánicas, xerando a descarga de abundantes precipitacións tal e como evidencian os rexistros observatorios de Fornelo de Montes (na serra do Suído) onde a media normalizada acada a nada despreciable cifra de 1800 mm.

  • A brisa mariña pode reducir ata en 12º C as temperaturas terrestres.

  • Unha irregular corrente do océano Pacífico afecta ó tempo nun 25% da superficie da Terra; esta corrente, chamada "Niño", forma parte dun sistema máis amplo chamado Oscilación Austral; cando o Niño se manifesta, poden producirse sequías en rexións tan apartadas coma Australia ou EEUU e inundacións en Perú ou Chile.



Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12