Glosario de meteoroloxía
A atmósfera

É a capa gaseosa de 800 km de espesor que envolve a Terra facendo posible a vida nela; unida ó planeta por atracción gravitacional, esta envolta de aire e en particular as súas propiedades químicas e físicas xunto cos seus campos de movemento, masa e humidade son obxecto de estudio da Meteoroloxía.

A atmósfera alcanza a súa máxima densidade ó nivel do mar diminuindo rápidamente cara arriba; está dividida en capas dacordocoa súa temperatura e coas zonas de cambio térmico:

Comenzando ó nivel da superficie terrestre, a temperatura decrece a razón de 6.4 ºC por quilómetro; a capa sobre a que se aplica este gradiente denomínase Troposfera. Na Troposefera é onde se levan a cabo tódolos procesos meteorolóxicos de interese; contén case toda a auga da atmósfera, ben coma nubes, ben coma vapores invisibles. Tambén posúe un sin número de partículas finas de po.

Ó nivel no que a Troposfera deixa paso á Estratosfera dáselle o nome de Tropopausa; ésta non pode ser atravesada polas nubes e unha das poucas veces en que podemos ve-lo seu efecto é cando as nubes de tormenta extenden os seus iunques debaixo dela.

Na Estratosfera prodúcese ozono pola acción da intensa radiación procedente do sol; é precisamente a absorción da radiación do sol realizada polo ozono a que quenta a Estratosfera e fai que sexa moi estable, ademáis de protexer, tal absorción, ós seres vivos dos destructores raios ultravioleta.

Por enriba désta ubícanse a Mesosfera, separada da Estratosfera pola Estratopausa, e a Termosfera, aillada da Mesosfera pola Mesopausa. A última denomínase Exosfera. Todas elas están libres de po e vapor de auga.

O po existente na Troposfera contribúe a que no crepúsculo e na aurora aparezan cores vermellas no ceo:

imaxe clima

Curiosidades
  • A rexión máis fría da atmósfera atópase entre os 85 e os 95 km por enriba da superficie, onde as temperaturas oscilan ó redor dos -90º C.
  • O vapor de auga presente na Troposfera dalle, a esta capa, as características dunha cuberta aislante que evita o escape rápido da calor procedente da superficie terrestre.



Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12