O clima foi considerado, dunha forma clásica, coma o promedio das diferentes situacións meteorolóxicas presentes nunha determinada área xeográfica. Consideraríase entonces o clima dunha área da Terra coma o promedio dos valores das variables meteorolóxicas (temperatura, vento, humidade relativa, choiva, etc.) durante a lo menos 30 anos. Esta definición considérase na actualidade demasiado estricta polo que tamén se pode considerar clima, ademáis do anterior, á integración da variabilidade temporal da atmósfera e as súas repercusións sobre a superficie coma o clima dunha rexión determinada.
O clima é o resultado dunha serie de complexas interaccións entre diferentes compoñentes, tales coma a atmósfera, o océano, os chans ou a biosfera, que na actualidade non foron aínda completamente entendidas.
- O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ao norte de Chile.
- A temperarura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.
- A máis alta temperatura europera (50.5 ºC) rexistrouse no sur de Portugal.

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12