A sarabia consiste en fragmentos pequenos de xeo cun diámetro de 5-50 mm ou máis que proceden de cumulonimbos. Estas pedras destructoras fórmanse por acreción sucesiva de gotiñas de auga ó redor dun pequeno núcleo de xeo que cae a través dunha nube densa.
Máis específicamente, no interior dos cumulonimbos, onde existen fortísimas correntes ascendentes, as gotiñas de auga son arrastradas ata grandes alturas, onde se xean para volver acaer; mantida a súa suspensión polas poderosas correntes de aire ascendente, cada pedra de sarabia crece pola unión e conxelación de numerosas gotiñas; esta conxelación sucesiva fai que o granizo posua unha estrutura interna en capas concéntricas, polo que moitas pedras presentan ó corte, o aspecto dunha cebola. Ó final, o granizo escapa á corrente ascendente existente no interior dos cumulonimbos e cae á terra.

- Entre tódalas formas de precipitación, a sarabia é a que produce os maiores danos inmediatos. Así, en Rusia empregan, ás veces, cohetes cargados con sustancias químicas para "sembrar" tormentas; esto fai que as nubes solten a sarabia antes de que os seus grans teñan adquirido un tamaño excesivo e poidan daña-las cosechas.
- Nunha nube cálida do tipo cumuliforme, a choiva pode xerarse nun tempo tan curto coma duns 15 minutos a partires do momento no que a nube comeza a súa formación.
- 1 MINUTO: En Barot, Guadalupe, Antillas Menores, o 26 de novembro de 1970 medíronse un total de 38,1 mm.
- 12 HORAS: En Belouve, La Reunión (Océano Índico), o 28 de febreiro de 1964, caeron 1087 mm.
- 1 ANO: En Cherrapunji (India), de agosto 1860 a xullo de 1861 medíronse 26461 mm.

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12