Glosario de meteoroloxía
Precipitacións: Choiva
Precipitación de partículas de auga líquida en forma de gotas máis grandes cas do orballo.
A meirande parte da choiva comeza coma neve, motivo polo que as nubes de choiva deber ser moi grosas ou altas para poderen te-lo frío suficiente para que se forme esta; os cristais de xeo presentes nas nubes agrúpanse formando copos de neve que caen lentamente a través da propia nube transformándose en gotas de choiva que se quentan segundo chegan ó chan.

Curiosidades
- Nunha nube cálida do tipo cumuliforme, a choiva pode xerarse nun tempo tan curto coma duns 15 minutos a partires do momento no que a nube comeza a súa formación.
- Os primeiros en interesarse pola meteoroloxía foron os chinos; así, o filósofo Lao-tzu cita que "se sopra un vento forte durante toda a mañá haberá choiva durante máis de 24 horas".
- A cantidade total de auga contida na atmósfera en calquera momento é suficiente para producir uns 25 mm. de choiva sobre a superficie terrestre.
Chuvia: Récords meteorolóxicos
- 1 MINUTO: En Barot, Guadalupe, Antillas Menores, o 26 de novembro de 1970 medíronse un total de 38,1 mm.
- 12 HORAS: En Belouve, La Reunión (Océano Índico), o 28 de febreiro de 1964, caeron 1087 mm.
- 1 ANO: En Cherrapunji (India), de agosto 1860 a xullo de 1861 medíronse 26461 mm.

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12