Glosario de meteoroloxía
Masas de aire: Nubes
As nubes consisten en diminutas gotiñas de auga de 0.002 a 0.006 mm de diámetro ou en pequenos cristais de xeo que son sostidos polos lixeiros movementos ascendentes de aire. Para que se formen as gotiñas que constitúen as nubes, é necesario que as partículas microscópicas de po sirvan de centros ou núcleos de condensación.
As nubes subdivídense segundo a súa altura de formación e subsidencia en:
- Altas (a súa base atópase por enriba dos 7 km, xeralmente formadas na súa totalidade por cristais de xeo): Cirros, cirrostratos e cirrocúmulos.
- Medianas (con base entre os 2 e os 7 km): Altoestratos, altocúmulos e nimboestratos.
- Baixas (por debaixo dos 2 km): Cúmulos, cumulonimbos, estratocúmulos, estratos e estratocúmulos.
Imaxes de tipos de nubes:

Cúmulos (Cu)

Estratos (St)

Estratocúmulos (Sc)

Altoestratos (As)

Altocúmulos (Ac)

Cirros (Ci)

Cirroestratos (Cs)

Cirrocúmulos (Cc)

Nimboestratos(Ns)

Cúmulonimbos(Cb)
Curiosidades
- A palabra nimbo engadida como sufixo ou prefixo a un tipo de nube, por exemplo nimboestrato, significa que a nube é de choiva e que posúe habitualmente cor gris escura; cirrus significa plumoso ou friboso; stratus, estratificado ou en capas; cumulus é amontoado e alto tradúcese por mediano. Ás veces engádense adxectivos ós nomes básicos de nubes para amplia-la súa descrición; algúns deles son:
- Lenticularis: En forma de lente; aplícase principalmente ós cirrostratos, altocúmulos e estratocúmulus.
- Humilis: Pouco evolucionado no senso vertical; só aplicable a cúmulos.
- Castellanus: En forma de torre; para cirrocúmulos e altocúmulos.
Chuvia: Récords meteorolóxicos
- 1 MINUTO: En Barot, Guadalupe, Antillas Menores, o 26 de novembro de 1970 medíronse un total de 38,1 mm.
- 12 HORAS: En Belouve, La Reunión (Océano Índico), o 28 de febreiro de 1964, caeron 1087 mm.
- 1 ANO: En Cherrapunji (India), de agosto 1860 a xullo de 1861 medíronse 26461 mm.

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12