Glosario de meteoroloxía
Masas de aire: Frontes
Unha fronte separa dúas masas de aire de características claramente diferenciadas.
Clasificación das frontes:
- Estacionarias: Ningunha das dúas masas en separación avanza unha contra a outra.
- Móviles: Subdivididas, á súa vez, en cálidas, frías e ocluídas.
- Cálida: Das dúas masas, a cálida avanza sobre ou contra a fría. No mapa do tempo en superficie, represéntase cunha liña continua con semicírculos adosados a ela.
- Fría: Separa masas nas que a fría avanza sobre a cálida; represéntase cunha liña continua e triángulos adosados a ela.
- Ocluída: Fórmase cando unha fronte fría alcanza unha fronte cálida e desgaxa aire do sector cálido da superficie; nun mapa do tempo en superficie, as frontes ocluídas represéntanse mediante liñas continuas e algo grosas con pares de semicírculos e triángulos adosados a ela.
Secuencia de nubes que preceden ás frontes cálidas e ás oclusións:
- 1. Cirros (colas de cabalo e feixes).
- 2. Cirroestratos (halos).
- 3. Altoestratos (o sol desaparece progresivamente).
- 4. Nimboestratos (choiva ou neve).
Secuencia nubosa dunha fronte fría:
- 1. Chegada de grandes cúmulos de gran evoluciòn vertical, en ocasións mesturados con cumulonimbos.
- 2. O ceo escurécese comezando as precipitacións: chubascos, saraibas intermitentes, etc ...
- 3. Unha hora ou dous despois, xa existen claros no ceo e os cumulonimbos espácianse.
Exemplos de Fronte Fría (fig. esquerda) e Fronte Cálida (fig. dereita) tomadas do UKMODEL:


Exemplo de Fronte Ocluída tomada do UKMODEL:

Curiosidades
- Unha masa de aire tropical contén de 5 a 10 veces máis auga ca unha masa de aire polar de parecido tamaño.
- A cantidade total de auga contida na atmósfera en calquera momento é suficiente para producir uns 25 mm. de choiva sobre a superficie terrestre.
- Os primeiros en interesarse pola meteoroloxía foron os chinos; así, o filósofo Lao-tzu cita que "se sopra un vento forte durante toda a mañá haberá choiva durante máis de 24 horas"

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12