Glosario de meteoroloxía
Masas de aire
Unha masa de aire é un extenso bloque de aire coas mesmas características xerais adquiridas tras manterse durante semanas ou meses sobre unha mesma zona, chamada rexión manantial ou rexión fonte, en xeral, áreas ciclónicas, onde o aire se estanca ou circula lentamente; a característica máis notable das masas é que conservan as súas propiedades meteorolóxicas no seu desprazamento fóra da rexión manantial.
Coma consecuencia do choque de masas de aire orixínanse a meirande parte das borrascas e frontes.
Masas de aire que afectan a Galicia:
- Ártica Marítima (Am): A súa orixe establécese no Círculo Polar Ártico; trátase dunha masa húmida e moi fría.
- Ártica Continental (Ac): Tamén xerada en torno ó Círculo Polar Ártico; é unha masa seca e moi fría.
- Polar Marítima (Pm): A súa orixe está no Atlántico Norte; trátase dunha masa de aire húmida e fría ou fresca.
- Polar Continental (Pc): Con orixe no continente eurasiático durante o inverno; é unha masa de aire seca e fría ou fresca.
Cúmulos deste tipo son característicos das masas de aire polar marítimo:
Curiosidades
- Unha masa de aire tropical contén de 5 a 10 veces máis auga ca unha masa de aire polar de parecido tamaño.
- A cantidade total de auga contida na atmósfera en calquera momento é suficiente para producir uns 25 mm. de choiva sobre a superficie terrestre.
- Os primeiros en interesarse pola meteoroloxía foron os chinos; así, o filósofo Lao-tzu cita que "se sopra un vento forte durante toda a mañá haberá choiva durante máis de 24 horas"

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.12