MeteoGalicia APP

MeteoGalicia APP

Descarga da APP


Widget da aplicación

A aplicación inclúe tamén un widget para aqueles usuarios que queiran ter no escritorio do seu dispositivo a predición para algún dos seus lugares favoritos de forma permanente.

Widget Android
Widget iOS

Introdución

MeteoGalicia APP nace coa intención de ofrecer aos cidadáns a información que temos na nosa web e a poidan consultar dende calquer dispositivo móbil.

Tentamos facer unha aplicación intuitiva e atractiva que esperamos sexa do voso agrado e referencia da meteoroloxía na comunidade galega.

Esta aplicación gratuíta está dispoñible para dispositivos Android e iOS.

Para Android a aplicación está dispoñible no Google Play.

Para iOS (sistema operativo móbil de Apple) a aplicación está dispoñible na App Store.


Que pode consultar nesta aplicación?

MeteoGalicia APP   MeteoGalicia APP   MeteoGalicia APP   MeteoGalicia APP


A aplicación oficial de MeteoGalicia ofrece unha ampla información de predición meteorolóxica para toda a comunidade galega. Nesta aplicación tamén se pode consultar información das distintas estacións meteorolóxicas, oceanográficas e de calidade do aire de Galicia, así como imaxes e vídeos das últimas horas do radar de MeteoGalicia e do satélite Meteosat.

A través do menú desta aplicación pódese acceder aos seguintes contidos:
  • Predición xeral a curto prazo para os vindeiros 4 días na comunidade galega.
  • Avisos meteorolóxicos para os vindeiros 3 días.
  • Predición por concellos a curto e largo prazo, obtendo información de predición ata os vindeiros 10 días. Para os 4 primeiros días tamén se pode dispoñer da predición horaria.
  • Predición para as praias de Galicia. Nesta sección pódese buscar unha praia polo seu nome ou localizándoa a través dun mapa.
  • Información da calidade do aire nas diferentes estacións localizadas por toda a comunidade. Disponse de información da calidade do aire por contaminantes e a evolución nas últimas 24 horas.
  • Predición marítima nos próximos días, proporcionando información sobre o estado do ceo, intensidade do vento, estado do mar, visibilidade, mar de fondo, etc.
  • Orto e ocaso das principais cidades galegas.
  • Fases da lúa.
  • Datos das estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia.
  • Datos das estacións oceanográficas.
  • Imaxes e vídeos do radar de MeteoGalicia que permite coñecer a tempo real información da intensidade e tipo de precipitación.
  • Imaxes do satélite Meteosat.
  • Número de raios caídos e a súa xeolocalización na comunidade galega.
  • Imaxes de cámaras de MeteoGalicia que permiten coñecer o estado actual meteorolóxico da localización na que se atopan ditas cámaras.

A partir da versión 4.3.0, a APP disporá dun novo apartado "MeteoSIX" que proporciona todas as funcionalidades da antiga APP MeteoSIX (que se prevé deixe de estar operativa a finais do ano 2021). Esta nova sección proporcionará información de predición xerada directamente dos modelos numéricos executados por MeteoGalicia. Para máis información sobre os datos proporcionados por este apartado,  consulte aquí

Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.11