MeteoGalicia APP

máis información
- Aplicación gratuíta
- Idioma:Galego e Castelán
- Dispositivos:Smartphones e Tablets
- Optimizada para:iOS 6.0 e superior
Android 4.0 e superior
BlackBerry 10 e superior
Windows Phone 8 e superior
Introdución
MeteoGalicia APP nace coa intención de ofrecer aos cidadáns a información que temos na nosa web e a poidan consultar dende calquer dispositivo móbil.
Tentamos facer unha aplicación intuitiva e atractiva que esperamos sexa do voso agrado e referencia da meteoroloxía na comunidade galega.
Esta aplicación gratuíta está dispoñible para dispositivos Android, iOS, BlackberryOS e Windows Phone.
Para Android a aplicación está dispoñible no
Google Play.
Para iOS (sistema operativo móbil de Apple) a aplicación está dispoñible na
App Store.
Para BlackBerry a aplicación está dispoñible no
BlackBerry World.
Para Windows Phone a aplicación está dispoñible no
Marketplace.
Que pode consultar nesta aplicación?




A aplicación oficial de MeteoGalicia ofrece información sobre a predición meteorolóxica detallada por concello para os vindeiros 10 días, o estado do mar, predicións para todas as praias de Galicia, predición xeral, fases da lúa, orto e ocaso, etc. Desde a sección Observación, pódese acceder aos datos das estacións meteorolóxicas, oceanográficas e de calidade do aire, así como imaxes e vídeos das últimas horas do radar de MeteoGalicia e do satélite Meteosat.

Nota legal | Mapa do portal | Contactar 4.9.4
Teléfono: +34-881-999654