Formación e MeteoEscolas
Actividades de formación

As actividades de formación van dirixidas tanto aos centros educativos como a outros grupos de público en xeral:
  • AVISO IMPORTANTE: POLAS CIRCUNSTANCIAS RELACIONADAS CO COVID-19, AS VISITAS A METEOGALICIA E AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN QUEDAN SUSPENDIDAS TEMPORALMENTE.
  • Sesión formativa sobre Meteoroloxía e aparellos meteorolóxicos (Os martes compleméntase co lanzamento da radiosondaxe ás 10h). + info
  • Sesión formativa sobre contaminación ambiental e visita a estación de calidade do aire. + info
  • Sesión formativa sobre ruído ambiental. + info



Programa MeteoEscolas
Desde o ano 2012 formamos parte do Plan Proxecta co programa MeteoEscolas que ten por obxectivo mellorar as competencias do alumnado en temas medioambientais e das ciencias da Terra, cunha metodoloxía de aprendizaxe basada en proxectos.

Programa Escola Verde
Escola Verde incorpórase ao Plan Proxecta no curso 2019-2020. O seu principal obxectivo é o fomento de actitudes responsables co medio na comunidade escolar, deseñando e executanto proxectos que integren a sustentabilidade nas súas accións cotiás e melloren a conciencia ambiental.