Exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro"
Magnitudes I
Como en toda ciencia, na meteoroloxía temos que tomar medidas para poder tratar datos e obter conclusións. No noso caso son moi importantes as seguintes: | ||||||
Presión |
||||||
Mide a forza por unidade de superficie. A presión atmosférica é a exercida polos gases que conforman a atmosfera en calquera punto da mesma. A atmosfera na Terra ten unha presión media de 1.013,25 hectopascales (hPa) ou milibares (mbar). A medida de presión do Sistema Internacional (SI) é o Newton por metro cadrado (N/m2) ou Pascal (Pa). A presión atmosférica a nivel do mar en unidades internacionais é 101.325 N/m2ou Pa. |
||||||
![]() |
||||||
Cando o aire está frío descende, facendo aumentar a presión e provocando estabilidade. Fórmase un anticiclón térmico. Cando o aire está quente ascende, facendo baixar a presión e provocando inestabilidade. Fórmase un ciclón ou borrasca térmica. | ||||||
|
||||||
|
Contido da exposición

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 4.9.8