O tempo meteorolóxico está formado polos fenómenos de meteoroloxía que vivimos en cada momento: chuvia, vento, neve, sarabia... O clima implica o procesado dos datos de tempo durante 30 anos polo menos. Pódese predicir o tempo de forma máis ou menos fiable con 10 días de antelación como moito. O clima, porén, é máis estable. |
Zonas climáticas mundiais
|
|
|
Mornas: Dominan os ventos occidentais (de oeste a este). Chocan coas masas de aire frío polares, pasando por riba (son máis quentes),formando nubes e precipitacións en forma de borrasca. Alternancia típica de paso dunha fronte cálida seguida unha melloría transitoria e unha fronte fría con empeoramento do tempo. |
|
Tropicais: Ao norte e ao sur da zona anterior. Ventos alisios; masas de aire do norte ou do sur que ocupan o espazo que deixa libre o aire ascendente da zona ecuatorial. O aire descende aumentando a súa temperatura, tendo maior capacidade para conter vapor de auga. Hai grandes extensións desérticas. |
|
Converxencia intertropicais:
Aire cálido e húmido ascendente, pola insolación diaria. Arrefríase no alto e forma nubes. Abundan as chuvias e as elevadas temperaturas. Moita vexetación (grandes bosques selváticos). |
|
Polares:
Situación case sempre anticiclónica pola estabilidade. Moi pouca chuvia, que soe ser neve. Abundan os desertos fríos, cubertos por xeo e neve. |
|
Climas locais
|
Localmente hai gran variedade debido a factores como distribución das masas de terra e de auga, montañas e vexetación. |
Zonas climáticas de España
|
A transición entre zonas tropicais e mornas, xunto coa orografía (variadas cadeas montañosas, amplas mesetas, franxas litorais estreitas) e as grandes masas de auga ao seu redor crean unha gran variedade de climas na pen&intilde;nsula. Inflúen especialmente as correntes en chorro coas borrascas e as súas frontes asociadas, así como as altas presións tropicais do anticiclón das Azores. Con iso hai unha grande variabilidade de temperaturas e precipitacións. |
|
|
Oceánico ou morno h&uaacute;mido:
Pluviosidade alta e ao longo de todo o ano. Diferenzas de temperatura pequenas con veráns frescos e invernos mornos. Paisaxe e vexetación son moi parecidas ás de Europa occidental. |
|
Mediterráneo oceánico ou continental suavizado:
Invernos fríos ou moi fríos, veráns cálidos, gran amplitude térmica, no caso da cunca do Duero con moitas néboas no inverno. Precipitacións moderadas no inverno e moi escasas no verán. |
|
Mediterráneo continental :
Invernos bastante fríos, veráns cálidos ou moi cálidos, con escasas precipitacións que se concentran no inverno. |
|
Mediterráneo :
Veráns secos e áridos con poucas chuvias, invernos suaves. Precipitacións en primavera e outono, con chuvias torrenciais moi localizadas (gota fría). Alternancia de anos chuviosos con anos de seca. |
|
|