Recollida de suxestións para a mellora continua
Estimados amigos e amigas,
Como xa coñecen, MeteoGalicia como Axencia Meteorolóxica en Galicia, provee aos cidadáns, cidadás e organizacións dunha serie de servizos relacionados tanto coa observación como coa predición meteorolóxica e outros relacionados co estudo do clima do país.
A vocación de servizo público, xerando confianza e, en consecuencia, a mellora continua da calidade do servizo e a adecuación aos intereses e necesidades dos usuarios e usuarias, é un dos elementos vertebrais da política de xestión de MeteoGalicia.
Actualmente, MeteoGalicia ten implantado un ambicioso programa de aseguramento da calidade baseado nos principios da norma internacional UNE EN ISO 9001:2015.
Como queira que un dos obxectivos de tal sistema é a plena satisfacción dos nosos usuarios e usuarias e a anticipación ás súas necesidades e intereses, pregámoslle que cubra o cuestionario. Pode incluír todas as súas suxestións, intereses, necesidades e inquedanzas de xeito que logremos deseñar un servizo cada vez mellor e mais próximo aos cidadáns e cidadás de tal xeito que este servizo se poida realmente e en toda a súa dimensión, considerar servizo público.
De antemán grazas pola súa cooperación.
María Luz Macho Eiras
Subdirectora Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático
Formulario de suxestións para a mellora contínua
Xestión da Calidade
METEOGALICIA, da Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, co obxecto de acreditar o cumprimento das expectativas dos nosos usuarios e usuarias mediante a prestación dun servizo de calidade, ten implantado desde o ano 2010 un Sistema de Xestión da Calidade, actualmente segundo os requerimentos da Norma UNE EN ISO 9001:2015.
Dentro das accións que estamos levando a cabo, facilitámoslle un cuestionario que nos permitirá coñecer a opinión que lles merecemos, co fin de analizala de forma colectiva e promover a mellora continuada do noso Sistema de Xestión da Calidade.

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 1.4.3