Avisos e actualizacións do Thredds de MeteoGalicia
  • 23/02/2023: Habilitado o protocolo https
    Todas as peticións ao servizo deberán facerse a través de https.

  • 17/09/2022: Histórico Modelo WRF de 1km (Galicia) 5km (Península)
    Dispoñible no noso catálogo o histórico do modelo WRF de 1 km de resolución (Galicia) e 5km (Península) desde o 17 de setembro do ano 2022 na execución das 00Z.

  • 24/02/2021: Histórico Modelo WRF de 1,3km
    Dispoñible no noso catálogo o histórico do modelo WRF de 1,3 km de resolución desde o ano 2011 para as tres mallas: Arco Ártabro, Rías Baixas e Norte de Portugal na execución das 00Z.

  • 02/06/2020: Modelo ROMS
    Desde o 1 de xuño do 2020 está dispoñible no servidor THREDDS, o acceso OPeNDAP aos arquivos orixinais do modelo ROMS (RAW output).

  • 07/02/2019: Información sobre o modelo ROMS
    A partir de hoxe, só os arquivos Netcdf-4 do modelo ROMS estarán dispoñibles no servidor THREDDS.

  • 16/10/2018: Nova versión operativa do modelo SWAN
    O 17 de outubro procederase a actualización da versión operativa do modelo SWAN (Simulating Waves Nearshore model) da versión V4041AB á V4110. As mallas que comprenden as rexións do Golfo Ártabro e Rías Baixas sufriran unha revisión maior. A partir do mércores 17 de outubro estas mallas serán actualizadas da versión antiga a unha interpolación obtida a partir da nova malla non estruturada da costa de Galicia baseada na versión V4110 do modelo. MeteoGalicia seguirá a distribuír estas saídas interpoladas por tempo indefinido, de tal xeito que non esperamos impactos significativos sobre os usuarios. Os datos históricos interpolados non estarán dispoñibles baixo demanda e unicamente se subministrarán datos da malla non estruturada orixinal.

  • 28/09/2017: Novas mallas do modelo MOHID
    Estes novos dominios teñen unha resolución espacial de 50m, 21 capas na vertical e cubren as áreas dos portos de A Coruña e Langosteira. Os límites das mallas son os seguintes: Porto Langosteira: lonxitude: -8.565 a -8.4909 e latitude: 43.3095 a 43.3705 / Porto de A Coruña: lonxiitude: -8.40515 a -8.33515 e latitude: 43.3125 a 43.3884.
    Máis información

  • 25/05/2016: Nova implementación do modelo SWAN na páxina de modelos
    Desde hoxe, na páxina de modelos, está dispoñible unha nova implementación do modelo SWAN (Simulating Waves Near Shore) para toda a costa de Galicia. Este novo desenvolvemento substituirá no futuro ás dúas mallas de Rías Baixas e Artabro actuais. Como novidade máis destacada, esta nova implementación do modelo execútase sobre unha malla non estruturada que posibilita acadar resolucións de ata 75 metros preto da costa. Nos próximos días convivirán as tres mallas para, no futuro, seren substituídas por unha única malla, a de Galicia.

  • 05/10/2015: Nova versión do servidor THREDDS
    Nas vindeiras semanas levaremos a cabo a actualización da actual versión 4.2.2 á 4.6.2. Tendo en conta que é un salto importante, poñemos á súa disposición un entorno de probas no que poida comprobar se o seu servizo precisa dalgún axuste coa nova versión do THREDDS: http://sor.meteogalicia.es/thredds/catalog.html

  • 15/10/2013: Novo produto con datos do radar meteorolóxico
    Ficheiros NetCDF con valores de reflectividade obtidos a partir do PPI a unha elevación de 0.5º. Estes ficheiros son os mesmos que levaban un tempo catalogándose no apartado Test data - Radar. Eliminaranse definitivamente deste apartado temporal o próximo 18 de novembro.

  • 29/01/2013: Migración do servidor THREDDS
    O mércores 30 de xaneiro vaise realizar unha migración do volumen de almacenamento do servidor THREDDS de meteoGalicia. Aínda que non se vai modificar ningún produto, pedimos precaución coas tarefas operativas que dependan deste servizo. Nesta mesma migración vanse incluir novos arquivos e produtos, consulte o documento adxunto para máis información.
    Máis información (Texto en inglés) acrobat

  • 24/04/2012: Funcionamento erróneo do "Best time series"
    Recómendase facer uso do "File Access" nos casos nos que o URL inclúe "best.ncd" (Best Time Series)

  • 24/04/2012: Eliminación de datos antigos do WW3
    Eliminaránse os datos do modelo de ondas WW3 anteriores aos últimos 15 días. Estarán dispoñibles ata o 30 de maio de 2012.

  • 24/10/2011: Subscrición á lista de correo do Thredds
    Para manterse informado dos cambios que se produzan no Thredds de MeteoGalicia pode subscribirse a esta lista. É un servizo, polo momento, en probas.


Xunta de Galicia  
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 1.2.7