No marco do proxecto europeo EnergyMare realizouse uhna caracterización do comportamento climático do vento nas zonas costeiras de Galicia. Para isto, combináronse datos do modelo WRF de MeteoGalicia coa ferramenta de análise do vento WaSP. Os resultados da devandita análise comparáronse con datos de estacións meteorolóxicas para evaluar a súa fiabilidade.
A metodoloxía seguida e os resultados obtidos descríbense polo miúdo no seguinte documento:
Ademais, todos os datos espaciais detallados no apartado seguinte pódense consultar a través dun servizo WMS e descargar a través dun servizo WFS, tal e como se detalla no apartado seguinte.


Proxecto EnergyMare
Nace da necesidade de garantir o desenvolvemento sostible das rexións Atlánticas potenciando a súa produción de enerxías renovables do mar. Para isto, propuxo:
- - Creación dunha Rede de Cooperación Transnacional para a potenciación, pulo e desenvolvemento da produción de enerxías renovables mariñas.
- - Establecemento dun fondo común transnacional de experiencia, recollida de datos e supervisión dos avances realizados.
- - Exploración conxunta do potencial de fontes innovadoras de enerxías procedentes do mar.
- - Desenvolvemento de proxectos piloto comúns para probar prototipos experimentais de produción de enerxías no ámbito mariño.
- - Cooperación para a superación das barreiras que actualmente condicionan a posta en marcha e posterior progreso.
Ligazóns de interese
Atlas de vento
Atlas de ondas

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal | Mapa do portal 1.2.4