Sulfuro de Hidróxeno (H2S)

Que é?

O sulfuro de hidróxeno é un gas incoloro, inflamable, moi perigoso e cun olor parecido ao dos ovos podres. Pódese ulir incluso a niveis baixos, pero coa exposición prolongada o olfacto perde o rastro do H2S cando as concentracións son inferiores ao nivel de perigosidade, de maneira que as persoas poden ter pouca alerta da presenza do gas en concentracións daniñas.

O H2S emitido á atmosfera oxídase rapidamente a SO2.

Fontes

Naturais: Descomposición de materia orgánica (pantanos, turbeiras, lameiras de marea e, en menor medida, os volcáns.

Antropoxénicas: Combustións incompletas de combustibles fósiles, procesos industriais como o procesado Kraft do papel, plantas de augas residuais, fornos de coquización e fabricación de aceiro.

Como afecta á saúde?

É un gas tóxico cuxo perigo depende tanto da duración da exposición como da concentración.

Concentracións baixas: irritación de ollos e tracto respiratorio.

Concentracións moderadas: efectos máis severos en ollos e respiración, dor de cabeza, mareos, náuseas, tose, vómitos, etc.

Concentracións altas: estado de shock, convulsións, incapacidade para respirar, coma, morte.

Como se mide?

O método de referencia para a determinación do H2S é o que se describe na Norma UNE-EN 14212:2013. É o mesmo que para o SO2, pero se determina H2S unha vez oxidado a SO2 mediante un convertedor que transforma o H2S a SO2.

Valores límite lexislados

H2S

Valor

Período

Valor obxectivo 100 µg/m3

Concentración media en 30 minutos.

40 µg/m3

Concentración media en 24 horas.


Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Nota legal | Mapa do portal 2.1.5