Dióxido de Xofre (SO2)
Que é? |
||||||||||||||||
O dióxido de xofre (SO2) é un gas incoloro, non inflamable e presenta un olor forte e irritante para altas concentracións (máis de 3 ppm). É un dos principais responsables da chuvia ácida, xa que cando está na atmosfera reacciona coa humidade e forma aerosois de ácido sulfúrico e sulfuroso. Ademais de afectar á saúde, debido á deposición húmida ou seca dos compostos ácidos que orixina, tamén afecta á vexetación, a solos e é un axente causante do deterioro dos monumentos históricos. |
||||||||||||||||
Fontes |
||||||||||||||||
Naturais: Os volcáns. Antropoxénicas: Combustión de carburantes que conteñen xofre (carbón, fuel, gasóleos) en centrais térmicas, refinerías de petróleo, procesos industriais, tráfico de vehículos pesados, calefacción de carbón e fuel, etc. |
||||||||||||||||
Como afecta á saúde? |
||||||||||||||||
Concentracións elevadas de SO2 poden producir enfermidades respiratorias e agravar enfermidades cardiovasculares. Provoca irritación nos ollos. A inflamación do sistema respiratorio provoca tose, secreción mucosa e agravamento da asma e bronquite crónica e aumenta a susceptibilidade das persoas ás infeccións do tracto respiratorio. |
||||||||||||||||
Como afecta aos ecosistemas? |
||||||||||||||||
A deposición húmida ou seca dos compostos ácidos que orixina causa danos nas cubertas vexetais, sobre os solos, a biodiversidade, os ecosistemas acuáticos e forestais. Pode ocasionar danos á vexetación, degradación da clorofila, redución da fotosíntese e a conseguinte perda de especies. |
||||||||||||||||
Como se mide? |
||||||||||||||||
O Real Decreto 39/2017 establece que o método de referencia para a medición de dióxido de xofre é o que se describe na Norma UNE-EN 14212:2013 “Aire ambiente. Método normalizado de medida da concentración de dióxido de xofre por fluorescencia de ultravioleta”. |
||||||||||||||||
Valores límite lexislados |
||||||||||||||||
|
- Galega

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Nota legal | Mapa do portal 2.1.5