O aire que respiramos e a nosa saúde

A contaminación atmosférica afecta á saúde de toda a poboación, tendo unha maior repercusión nos grupos sensibles como son a poboación infantil, as persoas maiores e as persoas con enfermidades respiratorias ou enfermidades cardiovasculares.

Estudos científicos demostran unha relación directa entre a polución e a saúde. O aire contaminado pode provocar cancro, afectar ao sistema inmunolóxico, contribuír á aparición da asma, influír no desenvolvemento neuronal da poboación infantil, ter efectos en enfermidades cardiorrespiratorias e reducir a esperanza de vida.

Recomendacións para a saúde

Calidade do aire Mensaxes para a saúde Grupos de risco e persoas sensibles Poboación xeral

Boa

Calidade do aire satisfactoria, a contaminación non supón un  risco para a saúde.

Desfruta das túas actividades no exterior de xeito normal.

Desfruta das túas actividades no exterior de xeito normal.

Favorable

Calidade do aire aceptable, aínda que algúns contaminantes poden supoñer un lixeiro risco para a saúde dos grupos de risco e individuos sensibles á polución.

Considera reducir as actividades prolongadas e activas no exterior. Non é perigoso estar no  exterior, pero toma máis descansos e diminúe a intensidade da actividade.

Vixía a aparición de síntomas como tose ou falta de aire e, se aparecen, considera reducir a exposición prolongada ou activa no exterior.

Regular

A calidade do aire probablemente non afecte á poboación xeral pero pode presentar un risco moderado para os grupos de risco.

Reduce as actividades prolongadas e activas no exterior. As persoas con asma ou enfermidades respiratorias deben seguir coidadosamente o seu plan de medicación e usar o seu inhalador máis frecuentemente. Os adultos con problemas do corazón poden experimentar palpitacións, dificultade na respiración ou fatiga inusual; se ocorre, busca asistencia médica.

Vixía a aparición de síntomas como tose, irritación de gorxa, falta de aire, fatiga excesiva ou palpitacións. Se aparecen, reduce as actividades prolongadas e activas no exterior.

Mala

Toda a poboación pode experimentar efectos sobre a saúde e os grupos de risco efectos moito máis serios.

Evita as actividades prolongadas e activas no exterior, considerar realizalas no interior ou pospoñelas para cando a calidade do aire sexa boa ou moderadamente boa. Segue o plan de tratamento meticulosamente.

Reduce as actividades prolongadas e activas no exterior, especialmente se experimentas tose, falta de aire ou irritación de gorxa.

Moi mala

Condicións de emerxencia para a saúde pública, a poboación enteira pode verse seriamente afectada.

Evita toda actividade física no exterior e considerar realizar as actividades no interior ou pospoñelas para cando a calidade do aire sexa boa ou moderadamente boa. Segue o plan de tratamento meticulosamente.

Evita toda actividade física no exterior e considera realizar as actividades no interior ou pospoñelas para cando a calidade do aire sexa boa ou moderadamente boa.

Pésima

Condicións de emerxencia para a saúde pública, a poboación enteira pode verse gravemente afectada. Poderanse tomar medidas excepcionais.

Evita a estancia prolongada no exterior. Segue o plan de tratamento meticulosamente, e acude a un servizo de urxencias se o teu estado de saúde empeora.

Evita toda actividade física no exterior e considera realizar as actividades no interior ou pospoñelas para cando a calidade do aire sexa boa ou moderadamente boa. Utiliza a protección axeitada para os traballos que deban ser realizados no exterior.


Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Nota legal | Mapa do portal 2.1.5