Ozono (O3)
Que é? |
||||||||||||||||||||||
O ozono (O3) é un contaminante secundario que se forma a partir dunha complexa serie de reaccións químicas dos contaminantes primarios precursores, principalmente óxidos de nitróxeno e compostos orgánicos volátiles (tanto antrópicos como bioxénicos procedentes da vexetación), en presencia de osíxeno atmosférico e radiación solar. As moléculas deste gas de cor azul pálido, irritante e picante están formadas por tres átomos de osíxeno. O ozono ten un efecto positivo na estratosfera, onde se atopa formando a denominada capa de ozono, xa que protexe da radiación ultravioleta. Sen embargo, na troposfera (a capa da atmosfera en contacto coa terra) convértese nun contaminante que actúa como un potente e agresivo axente oxidante. Nas zonas urbanas de tráfico os niveles de O3 adoitan ser moi baixos porque se consume mediante a oxidación de NO a NO2 sendo, por tanto, os niveles máis altos nas zonas pouco contaminadas en onde se recibe o O3 xerado durante o transporte de masas de aire desde zonas contaminadas urbanas e industriais, e non existe NO local que o poida consumir. A combinación de altas temperaturas, ausencia de precipitacións e ventos en calma durante varios días favorecen a acumulación de ozono troposférico. O seu alto poder oxidante faino moi perigoso en determinadas concentracións xa que pode producir danos na saúde e na vexetación. |
||||||||||||||||||||||
Fontes |
||||||||||||||||||||||
Naturais: As tormentas e a intrusión en capas baixas da atmosfera de ozono estratosférico Antropoxénicas: Incendios, actividades industriais e transporte que emiten os precursores que xunto coa radiación solar forman o ozono. |
||||||||||||||||||||||
Como afecta á saúde? |
||||||||||||||||||||||
O aumento de ozono troposférico causa danos respiratorios (asma, EPOC), danos cardiovasculares, deterioro cognitivo e efectos prenatais (parto prematuro). Existen efectos a: Corto prazo: Reduce a función pulmonar e aumenta os síntomas respiratorios (tose, irritación de garganta, opresión no peito), efectos vasculares, dor de cabeza, fatiga, irritación ocular. Largo prazo: Efectos no desenvolvemento pulmonar, asma, alteracións cognitivas e incluso pode chegar a provocar a morte por problemas respiratorios e cardiovasculares principalmente en enfermos crónicos. |
||||||||||||||||||||||
Como afecta á vexetación? |
||||||||||||||||||||||
Os altos niveis de ozono tamén poden danar as plantas, xa que o ozono diminúe a súa capacidade fotosintética e con elo a absorción de CO2 da planta, o que favorece unha redución dos rendementos dos cultivos agrícolas e unha diminución do crecemento dos bosques. |
||||||||||||||||||||||
Como se mide? |
||||||||||||||||||||||
O Real Decreto 39/2017 establece que o método de referencia para a medición de ozono é o definido na Norma UNE-EN 14625:2013 “Aire ambiente. Método normalizado de medida da concentración de ozono por fotometría ultravioleta”. |
||||||||||||||||||||||
Valores límite lexislados |
||||||||||||||||||||||
|
- Galega

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Nota legal | Mapa do portal 2.1.5