Dióxido de Nitróxeno e Óxidos de Nitróxeno (NO2, NOx)

Que é?

Da totalidade de óxidos de nitróxeno coñecidos, presentan maior interese en canto á calidade do aire o NO (óxido nítrico) e o NO2 (dióxido de nitróxeno), representados habitualmente como NOx (óxidos de nitróxeno totais). Estes gases xogan un papel importante na formación de ozono e tamén contribúen á formación de aerosois inorgánicos secundarios, a través da formación de nitratos, contribuíndo ás concentracións de PM10 e PM2,5.

  • O NO é un gas incoloro, non inflamable, inodoro e tóxico. É unha molécula moi inestable no aire xa que en presenza de oxidantes atmosféricos como o ozono convértese en NO2.
  • O NO2 é un gas de color marrón-vermello, non inflamable, de olor acre e tóxico. É un gas reactivo que se forma principalmente pola oxidación do NO. Intervén en reaccións daniñas como as que dan lugar ao ozono troposférico ou ao ácido nítrico, polo tanto, é un contaminante en si mesmo e tamén precursor doutros.

Fontes

Antropoxénicas:  As fontes principais da súa formación son os procesos de combustión a altas temperaturas relacionados co tráfico e a industria. Destacan os vehículos automóbiles, en especial os de motores diésel.

Como afecta á saúde?

Afectan principalmente ao aparato respiratorio provocando bronquite, pneumonía e menor resistencia a infeccións das vías respiratorias.

Niveis baixos de óxidos de nitróxeno no aire ambiente poden causar irritación de ollos, nariz, garganta, pulmóns, causar tose, fatiga e náuseas.

Niveis altos poden causar queimaduras, espasmos e dilatación dos tecidos na gorxa e nas vías respiratorias superiores, reducindo a osixenación dos tecidos do corpo, producindo acumulación de líquido nos pulmóns e a morte.

Como afecta aos ecosistemas?

Os compostos de nitróxeno teñen efectos acidificantes, pero tamén son importantes nutrientes. A deposición excesiva de nitróxeno reactivo pode acercar un exceso de nutrientes de nitróxeno aos ecosistemas, provocando a eutrofización nos sistemas terrestres e acuáticos.

Como se miden?

O Real Decreto 39/2017 establece que o método de referencia para a medición de dióxido de nitróxeno e óxidos de nitróxeno é o que se describe na Norma UNE- EN 14211:2013 “Aire ambiente. Método normalizado de medida da concentración de dióxido de nitróxeno e monóxido de nitróxeno por quimioluminiscencia”.

Valores límite lexislados

NO2

Valor

Período

Valor límite horario para a protección da saúde humana 200 µg/m3

Valor medio en 1 h.

Non debe superarse en máis de 18 ocasións por ano civil.

Valor límite anual para a protección da saúde humana 40 µg/m3

Ano civil

Limiar de alerta 400 µg/m3

Valor durante 3 horas consecutivas en área representativa de 100 km2 ou zona ou aglomeración enteira

NOx

Valor

Período

Nivel crítico para a protección da vexetación e dos ecosistemas 30 µg/m3

Ano civil


Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Nota legal | Mapa do portal 2.1.5