Metais pesados (As, Cd, Ni, Pb)
Que son? |
|||||||||||||||||
Os metais pesados son elementos químicos que presentan unha densidade relativamente alta e que poden causar problemas medioambientais e mais repercutir na nosa saúde. Son perigosos debido a que non poden ser degradados e tenden a bioacumularse e biomagnificarse, é dicir, acumúlanse nos organismos vivos e estas concentracións aumentan a medida que ascendemos na cadea trófica. Non todos os metais de densidade alta son tóxicos en concentracións normais. Existe unha serie de metais pesados máis coñecidos pola súa tendencia a representar serios problemas medioambientais como son o mercurio (Hg), o chumbo (Pb), o cadmio (Cd), o talio (Tl), o cobre (Cu), o zinc (Zn), o cromo (Cr) e algún metaloide (semimetal) como o arsénico (As). En calidade do aire, asociados a material particulado PM10, son de interese o cadmio, níquel, arsénico e chumbo. |
|||||||||||||||||
Fontes |
|||||||||||||||||
A principal fonte é a antropoxénica debido a procesos de combustión e procesos industriais. Naturais: A maioría dos metais pesados son elementos da codia terrestre e tamén están presentes nos sedimentos oceánicos. Poden ser suspendidos á atmosfera pola erosión do vento, a evaporación ou durante as erupcións volcánicas. Antropoxénicas: Grandes instalacións de combustión, tráfico rodado (abrasión de freos, discos, rodas e o propio firme de estrada), produción de cemento, instalacións de incineración e coincineración de residuos, minería, etc. |
|||||||||||||||||
Como afectan á saúde? |
|||||||||||||||||
Chumbo (Pb): É unha substancia que se acumula e afecta a diversos sistemas do corpo, tales como o nervioso, hematolóxico, gastrointestinal, cardiovascular e renal. Tamén pode afectar á fertilidade e ao desenvolvemento neuronal de fetos, bebés e a demais poboación infantil. Arsénico (As): É irritante para as vías respiratorias, pode producir danos cardiovasculares, hepáticos, renais, sanguíneos, neurolóxicos e ademais resulta canceríxeno para o ser humano (pel, pulmón, vexiga). Cadmio (Cd): Afecta especialmente aos sistemas respiratorio, renal, reprodutivo e óseo. Está clasificado como canceríxeno para o ser humano. Níquel (Ni): Pode provocar reaccións alérxicas cutáneas, afectar aos sistemas respiratorio e renal, afectar á defensa inmune e reducir a fertilidade. Diversos compostos de Ni están considerados como canceríxenos para o ser humano. |
|||||||||||||||||
Como se miden? |
|||||||||||||||||
O Real Decreto 39/2017 establece que o método de referencia para a toma de mostras de chumbo, arsénico, cadmio e níquel no aire ambiente é o que se describe na Norma UNE-EN 12341:2015 “Aire ambiente. Método de medición gravimétrico normalizado para a determinación da concentración másica PM10 ou PM2,5 da materia particulada en suspensión”. Este RD tamén establece que o método de referencia para a medición de chumbo, arsénico, cadmio e níquel no aire ambiente é o que se describe na Norma UNE-EN 14902:2006 “Calidade do aire ambiente. Método normalizado para a medida de Pb, Cd, As e Ni na fracción PM10 da materia particulada en suspensión”. |
|||||||||||||||||
Valor límite de arsénico, cadmio, níquel e chumbo |
|||||||||||||||||
|
- Galega

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Nota legal | Mapa do portal 2.1.5