Informes Calidade do Aire de Galicia
Informes Mensuais

Nos informes estatísticos mensuais poden observarse, entre outros, a concentración media mensual, o número de superacións dos contaminantes en cada estación da rede (O3, NOx, CO, SO2, PM10, PM2,5 ...) sexa esta industrial ou pública, así como os posibles incumprimentos dos valores límite lexislados.

Informes Acumulados

Nos informes acumulados poden observarse as concentracións medias e o número de superacións dos contaminantes en cada estación, así como os posibles incumprimentos dos valores límite lexislados dende o primeiro mes do ano ata o actual, é dicir, o último mes do que se dispoñen datos.

Informes Anuais de Calidade do Aire

Nos informes anuais poden observarse as concentracións medias e o número de superacións dos contaminantes en cada estación, a porcentaxe de datos válidos e os posibles incumprimentos dos valores límite lexislados, así como as diferentes actuacións que a Rede Galega de Calidade do Aire levou a cabo ó longo de todo o ano.

Publicacións

Neste apartado compílanse numerosos informes, dende estudos e documentos de interese, ata todo tipo de arquivos relacionados coa calidade do aire.


Logo Xunta 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Nota legal | Mapa do portal | Contactar 1.4.1
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia