Rede Calidade do Aire de Galicia
A composición da Rede de Calidade do Aire de Galicia está deseñada atendendo ás directrices establecidas na lexislación vixente. A composición refírese tanto ao número e á localización das estacións na comunidade autónoma, como aos contaminantes atmosféricos analizados en cada unha delas.
Os métodos de medida empregados para analizar os contaminantes no aire ambiente e os criterios de control de calidade seguidos para a obtención de datos son os definidos na lexislación vixente.
Contaminantes atmosféricos e clasificación
Un contaminante atmosférico é calquera substancia presente no aire ambiente (aire exterior da baixa troposfera, excluídos os lugares de traballo) que poida ter efectos nocivos sobre a saúde humana, o medio ambiente no seu conxunto e demais bens de calquera natureza.
Os contaminantes atmosféricos poden clasificarse en función do seu estado físico como gases, líquidos e sólidos. Cando se atopan en estado líquido ou sólido na atmosfera significa que están como material particulado, polo tanto a clasificación en función do seu estado físico simplifícase en gases e partículas.
Segundo a súa orixe os contaminantes atmosféricos poden ser de orixe antropoxénica (como procesos industriais, tráfico) ou de orixe natural (como volcáns, procesos biolóxicos).
Segundo o seu mecanismo de formación poden clasificarse en dous grupos:
- Contaminantes primarios: Os que son emitidos directamente á atmosfera polos focos emisores.
- Contaminantes secundarios: Os que se producen como consecuencia das transformacións, reaccións químicas e fotoquímicas que experimentan os contaminantes primarios na atmosfera.
Contaminantes analizados na Rede de Calidade do Aire de Galicia
- Partículas (PM)
- Ozono (O3)
- Dióxido de Xofre (SO2)
- Óxidos de Nitróxeno (NOx)
- Monóxido de Carbono (CO)
- Benzo(a)pireno
- Benceno (C6H6)
- Metais Pesados
- Sulfuro de Hidróxeno (H2S)
- Compostos de Flúor (F-) e Fluoruro de Hidróxeno (HF)
- Compostos Orgánicos Volátiles (COV)
- Black Carbon (BC)
- Amoníaco (NH3)
Para saber máis sobre os efectos dos contaminantes na saúde das persoas e que facer en caso de que teñamos un episodio de altas concentracións de contaminantes, pinche no enlace “Recomendacións”.
- Galega

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Nota legal | Mapa do portal 2.1.5