Compostos de Flúor (F-) e Fluoruro de Hidróxeno (HF)

Que son?

O flúor é o primeiro elemento da familia dos halóxenos e o elemento químico máis reactivo. Os fluoruros son compostos que conteñen o ión fluoruro (F-) e son moi comúns na natureza. O fluoruro de hidróxeno (HF) é un gas incoloro, de olor forte e irritante e altamente tóxico.

Fontes

Naturais: Os volcáns.

Antropoxénicas: Empréganse maiormente na fabricación de hidrocarburos fluorados, que son utilizados como refrixerantes, disolventes e aerosois, na combustión do carbón, na fabricación de aceiro, produción primaria de aluminio, etc.

Como afectan á saúde?

O HF é unha substancia corrosiva polo que en contacto coa pel pode producir graves irritacións e queimaduras. A inhalación de HF pode irritar o nariz, garganta y pulmóns. A exposición a este gas pode causar dor de cabeza, mareo, náuseas e vómitos. A exposición moi alta pode causar dor de estómago, debilidade, convulsións, colapso e a morte.

Altos niveis de fluoruros poden danar os dentes e os osos.

Como se miden?

Para a medición de compostos de flúor e fluoruro de hidróxeno, a técnica de medida empregada é a potenciometría.

Valores límite legislados

Valor que non debe superarse

Período

Valor obxectivo HF 30 µg/m3

Concentración media en 30 minutos

10 µg/m3

Concentración media en 24 horas

Valor obxectivo compostos de flúor 60 µg/m3

Concentración media en 30 minutos

20 µg/m3

Concentración media en 24 horas


Xunta de Galicia 
Icono Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Nota legal | Mapa do portal 2.1.5