Compostos Orgánicos Volátiles (COV)
Que son? |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Os compostos orgánicos volátiles son todos os compostos orgánicos procedentes de fontes antropoxénicas e bioxénicas, distintos do metano, que poden producir oxidantes fotoquímicos por reacción con óxidos de nitróxeno en presenza de luz solar. Preséntanse en estado gasoso á temperatura ambiente normal ou son moi volátiles a dita temperatura. Pódese considerar como COV aquel composto orgánico que a 20 °C teña unha presión de vapor de 0,01 kPa ou máis, ou unha volatilidade equivalente nas condicións particulares de uso. Algúns COV son destrutores do ozono polo tanto son compostos que afectan ao fenómeno de diminución da capa de ozono. Os COV, xunto cos óxidos de nitróxeno e a luz solar, son precursores do ozono troposférico que é un contaminante prexudicial para a saúde humana. Os compostos orgánicos volátiles cuxa medición se recomenda son:
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Fontes |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Naturais: As plantas e os solos emiten compostos orgánicos volátiles bioxénicos. Atópanse presentes en todos os ecosistemas e procesos naturais, como por exemplo o fitoplancto dos océanos, a respiración dos seres vivos, os gases derivados da actividade dos microorganismos e a liberación de fitohormonas das plantas. Antropoxénicas: Industrias onde se fabriquen ou se empreguen pinturas e vernices, industria siderúrxica, industria da madeira, industria cosmética e industria farmacéutica. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Como afectan á saúde? |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Os efectos na saúde poden variar moito segundo o composto e dependerá da súa natureza e do grado e do período de exposición. A corto prazo: Problemas respiratorios, irritación de ollos e gorxa, dor de cabeza, mareos, fatiga, reaccións alérxicas da pel, etc. A largo prazo: Poden causar lesións nos riles, no fígado e o sistema nervioso central. Incluso algúns COV, como o benceno, teñen efecto canceríxeno. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Como se miden? |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Os métodos de análise para compostos orgánicos volátiles constan de dúas partes:
|
- Galega

Atención á cidadanía | Accesibilidade | Nota legal | Mapa do portal 2.1.5